Resposta a Telmo Martín e compañía
Gustaríanos que á hora de valorar as peticións veciñais, se puxeran, por unha vez na nosa situación e non contestaran desde a súa situación privilexiada, e, sobre todo, se prescindira do "politiqueo", se defendera o mellor para a cidadanía, e se deixara de negar a realidade defendendo o indefendible.
Despois de ler as publicacións do Sr. Telmo Martín, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e outros persoeiros de alto cargo, aos membros da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e da Federación de Anpas O Con, quédanos claro que hai persoas que se negan a morderlle a man a quen lles dá de comer ainda que sexa en perxuizo dos seus veciños e veciñas, politizándoo todo en aras de chegar ao poder e non de mirar polas persoas ás que dín querer protexer e buscar o seu ben .

Polas palabras do Sr. Telmo Martín, vese a todas luces que nin falou coas asociacións que estamos facendo cabeza neste momento deste movemento, pois coñecemos de primeirísima man (dos pacientes e facultativos) os problemas que hai no centro de saúde de Baltar.
É certo que hai dúas prazas de pediatría no centro, as cales atenden aproximadamente a 2600 nenos e nenas (1200 e 1400), pero unha delas está como está porque as baixas, xubilacións, etc. non se cubren coa convocatoria de novas prazas. Según fontes cercanas aos postos máis altos nos dín que non dá para tres pediatras porque consideran que 800 nenos por facultativo son poucos, e a nós parécenos unha barbaridade. Respecto ao pediatra de garda, estariamos dispostos a prescindir del sempre e cando fose cuberto o servizo por tres pediatras de 8.00 a 22.00 h.
Comentarios
Publicar un comentario