Manifestos Manifestación Sanidade Pública de Calidade!
DIANTE DO CONCELLO (SAÍDA)
Como xa todos e todas sabedes, con anterioridade xa estiveramos recollendo sinaturas
solicitando un pediatra de urxencias e que devolveran o servizo de ambulancia medicalizada
durante todo o ano ao PAC de Baltar. Enviouse a petición á Xerencia do Servizo
Galego de Saúde, e a súa resposta deixounos perplexas.

Se nos atemos á indicación que esta Xerencia fai, todas as urxencias pediátricas deberían ser derivadas ao Hospital Provincial de Pontevedra, o que revertiría en dous problemas:
- A longa distancia que terían que recorrer os pais e nais para atender as urxencias, co consecuente risco que esto conleva para o menor.
- O colapso da área de urxencias pediátricas do Hospital Provincial.
En ningún momento dubidamos da excelente formación do persoal sanitario da
nosa comunidade autónoma, e moito menos dos profesionais que nos atenden
no PAC de Baltar; pero sí somos conscientes do risco que corren as nosas fillas
e fillos ao non dispoñer de medios e persoal suficiente en cada un dos PAC, algo que compete á xestión do Sergas.

En canto á ambulancia medicalizada (SVA) en Baltar todo o ano, lembramos que non
solicitamos o servizo só para Sanxenxo, estamos a falar das deficiencias dun Centro
de saúde que atende á poboación de diversos concellos, na súa isocrona do ano 2000
atendía a todo o Salnés. Tampouco entendemos como poden soster que os tempos de
resposta non son importantes cando todos e todas sabemos o importante que é a rapidez
de actuación no caso de urxencias graves.

Agora dirixirémonos ao Centro de Saúde Baltar (Portonovo). A manifestación discorrerá
pola beirarrúa da praia de Silgar; é moi importante cumprir as normas e as indicacións dos
axentes que hoxe nos acompañan, en prol de manifestar as nosas peticións de forma
pacífica e ordenada, evitando así os posibles danos a terceiros.

Moitas grazas!
CHEGADA AO CENTRO DE SAÚDE
Bo día a tod@s de novo!!! Moitísimas garzas por acompañarnos nesta reivindicación por unha SANIDADE DE CALIDADE.
Non nos rendimos, nin a APVS nin a Federación de ANPAS o Con, polo que xa presentamos sendas
queixas ao valedor do pobo, queixas que foron tidas en conta e polas que agora mesmo teñen que
dar conta as administracións competentes. Ainda así seguimos coa recollida de sinaturas xa que
consideramos que os problemas que existen no Centro de saúde de Baltar non garantiza unha
SANIDADE DE CALIDADE.
Á información xa enviada ao Valedor do Pobo se lle engadirán todas aquelas deficiencias que se
detectaron e que consideramos de maior importancia.

Lembremos que as nosas reivindicacións son:
-Ambulancia medicalizada 24h., os 365 días do ano, para todo o Salnés con sede no PAC de Baltar.
-Cubrir a vacante do Doctor Santolaya cun pediatra fixo, e a cobertura de todas as prazas cuxo persoal esté de baixa, se xubile, esté disfrutando das vacacións que lle corresponde, etc.
-Mellorar e ampliar o horario de asistencia sanitaria cun pediatra en horario de tarde.
-Aumentar a dotación de persoal no Centro de Saúde de Baltar (Atención Primaria e PAC) nas temporadas de máxima afluencia turística.
Para rematar este evento, queremos recordar o Artigo 136.1. “Principios xerais” da
Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia: A consecución dunha sociedade galega de avanzada calidade de vida, onde todas as persoas teñan dereito ao benestar e a vivir a súa vida con plenitude, saúde e madurez, de acordo coas súas decisións, precisa uns servizos sociosanitarios adecuados e de calidade.
Reivindicar unha SANIDADE DE CALIDADE
é reinvindicar o dereito a unha vida digna!
é reinvindicar o dereito a unha vida digna!
Comentarios
Publicar un comentario