Consensuada Manifestación Sanidade para o Venres Santo do 2017
O pasado Xoves,30, ás 21.00h. reunímonos no Usos Múltiples de Portonovo arredor de medio cento de persoas, moitas delas, representantes de máis dunha ducia de asociacións do concello.
Despois de expoñer os pasos dados ata o de agora e a resposta do SERGAS, o Dr. Santolaya, pediatra xubilado do Centro de Saúde de Baltar, nos informou dos distintos puntos mellorables e factibles dentro do centro. Un dos problemas co que nos encontramos é con que non se están cubrindo as vacantes, é dicir, ante unha xubilación ou baixa dos profesionais do centro, non se están a convocar prazas para suplir as mesmas, o que provoca unha saturación do sistema, unha sobrecarga do persoal, e polo tanto, un detrimento do servizo que se presta aos pacientes.
Por outra banda, hai que sinalar que, dado que o SERGAS fai fincapé en que ningún PAC ten pediatra de urxencias (ainda que ata hai menos dunha década existía un PAC pediátrico en Cambados), solicitamos, polo menos, que se nos otorgue a posibilidade de dispoñer de tres pediatras: dous de mañá e un de tarde, de forma que quedase cuberta pediatría de 8.00h. a 22.00h. Esto facilitaría tamén a labor dos actuáis (co que supón a maiores que unha praza non se encontra cuberta nestes intres), pois son arredor de 3000 nenos e nenas ás que lles corresponde este servizo en Baltar.
Tamén se fixo referencia a que moitos dos nenos e nenas do concello de Meaño teñen o seu pediatra no Centro de Baltar,e non se entende que a pediatra de Meaño faga as gardas do sábado pola mañá no centro de Cambados e non neste.
Outra carencia detectada é que sendo Sanxenxo a terceira cidade de Galicia de maior poboación no verán, como é posible que tan só se aumente neste período a plantilla en dous médicos e unha enfermeira, para atender a máis de 100.000 persoas.
En canto á ambulancia medicalizada, engadir que cando se creou o servizo do 061 en Galicia, no PAC de Baltar contábase con unha para todo o ano. O mapa reflexaba oito en total, dispersas por toda Galicia, colocadas de tal forma que se minimizaran os riscos para os pacientes e ter perfectamente controladas todas as emerxencias da comunidade. Todos e todas sabemos que non é a primeira vez que se teñen que facer trasvases de pacientes en situación moi crítica no medio do camino, con todo o risco que eso conleva; e tamén todos e todas sabemos que mentras o médico/a de urxencias sae a unha urxencia domiciliaria ou ben vai cun enfermo nunha ambulancia, o centro queda sen atención. Un PAC é un Centro de Atención Continuada, e dá servizo de 15:00h ata ás 8.00h, todos os días e as 24h. domingos e festivos.
Por todo esto, decidiuse seguir adiante coa recollida de sinaturas, e solicitar permiso ante a Subdelegación de Goberno para unha manifestación que se levaría a cabo o Venres Santo, ás 12.00h., con saída desde a casa consistorial do concello de Sanxenxo, pasando por Silgar e rematando no Centro de Saúde de Baltar-Portonovo.
Plantean un frente vecinal para exigir un pediatra y una ambulancia medicalizada
La carencia de pediatras en Baltar recrudece las protestas vecinales
Los colectivos vecinales convocan una manifestación por las carencias del PAC
Sanxenxo intensifica su reivindicación para mejorar la atención sanitaria

Comentarios
Publicar un comentario