A reivindicación da Sanidade Pública de Calidade non dá dereito a saltarse as leis.


Non cremos que sexa normal que un par de persoas pertencentes a

un grupo político se adiquen a enturbiar a labor das compañeiras, veciños
e veciñas en redes sociais, desviando a atención hacia unha cuestión que
non era reivindicativa nesta ocasión; e moito menos que chegasen a
cuestionar o seu traballo e a insinuar que a súa ideoloxía política estaba
por riba do interese de levar a cabo a manifestación de forma adecuada.
Parécenos unha falta de respeto e cáseque un insulto nun día no que centos
de persoas nos botamos á rúa en defensa dunha sanidade de calidade para
todas.

O día que sexan estas persoas as que organicen unha manifestación que vaian

por onde queiran, e sáltense as leis e as normas se así o estiman oportuno.
Entendemos que algunhas persoas se sintan molestas, e nós tamén o estamos, por non poder ocupar toda a estrada durante a manifestación; pero sendo conscientes de que vivimos nunha democracia, e non nunha anarquía onde cada un fai o que lle sae das narices sen ter en conta a quen se perxudica que é: en primeiro lugar aos propios manifestantes, en segundo lugar, ás persoas que levan meses axudando para que se poida levar a cabo as distintas actuacións legais e reivindicativas, e por último aquelas persoas que preparan a manifestación; seguiremos aténdonos ás leis.

As infraccións comémolas @s organizadores se non se atenden as normas de seguridade vial indicadas pola policía local.
Cremos que aquí a reivindicación era outra, non se poder andar ou non por unha
estrada, a cal se cortou, por certo,á altura do Hotel Sanxenxo e ata o cruce,
por seguridade.
Por desgracia, todas as leis teñen as súas limitacións, e neste caso coñécese como "Lei Mordaza". E se escudan na "seguridade vial". Cremos que o importante desta manifestación son as reivindicacións sanitarias e non por onde discurra a mesma. Cada queixa ten o seu momento. 
Tamén dí a Constitución no seu art. 47 que temos dereito a unha vivenda digna
e a un traballo xusto, e eses dereitos se reinvindican noutras manifestacións ás
que nós nos sumamos.
Non debemos desviar o foco de atención. Na próxima reunión, quen así o estime
oportuno pode propoñer unha manifestación en contra da "Lei Mordaza", se leva
a votación e se se aproba, adiante!. Agora, por favor,centrémonos na causa que
nos levou a convocar e acudir a esta manifestación. Grazas.
 Unha cousa é reivindicar dereitos e outra saltarse as leis.
Se queremos un cambio de leis debemos aprender a cambiar aos nosos gobernantes cando toca. Un saúdo.



Comentarios

Entradas populares