Posicionamento da APVS en canto á problemática xerada na Avda. Luis Rocafort (Sanxenxo)
A semana pasada, varios membros da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo mantivemos unha xuntanza con membros da Plataforma de Afectados pola Avda. Luis Rocafort. Tras escoitar as súas reivindicacións, nos pareceu xusta a petición de que se fagan prazas de suficiente ancho coa finalidade de que collan autobuses e os camións aparcados sen que éstes ocupen parte da estrada, e que se regulen o máximo número de estacionamentos posibles, sendo en batería naqueles sitios onde o ancho do trazado o permita; dada a gran problemática que representa a demanda de estacionamentos en todo Sanxenxo.

Os membros da APVS estimamos que unha posible solución viable e factible sería: aproveitar o número máximo de plazas de estacionamento (en batería) onde o ancho do trazado o permita, habilitar zonas de carga e descarga para atender os comercios, o resto da avenida en zona azul con límite horario para o público en xeral, e con tarxetas para residentes que permitan que os propietarios e empregados dos negocios poidan estacionar o seu vehículo durante a xornada de traballo.
Estas medidas, permitirían, por unha banda, que os negocios da Avda. Luis Rocafort puidesen ser abastecidos, os propietarios e empregados tivesen sempre onde estacionar os seus vehículos, existise maior número de prazas e unha maior rotación das mesmas.
Sen embargo, somos conscientes de que esta non é a solución definitiva á falta de estacionamento que existe neste concello, o cal se reflexa, de forma máis salientable na zona de Silgar e Portonovo; polo que consideramos que o que, a maiores, se precisa nestas zonas son parcelas relativamente céntricas habilitadas para o estacionamento. Todos e todas sabemos que o problema máis grande témolo no verán cando se masifica a chegada dos turistas que nos visitan, estacionan o seu vehículo e non o moven en todo o período que permanecen na zona.
Un saúdo.
Comentarios
Publicar un comentario