Xuntanza con representantes do órgano de Goberno do concello de Sanxenxo


Este venres pasado, 25 de novembro, tivemos unha xuntanza coa representación do tripartito que forma o actual órgano de goberno do concello de Sanxenxo. Durante a mesma, unha e outra parte, nun ambiente cordial e afable,  se puxeron enriba da mesa varias cuestións, as cales nos fixo acercarnos no posicionamento ante distintos dos puntos.
Un dos primeiros puntos a tocar foi a baixada lineal do tipo impositivo do IBI, en cuxa opinión sobre o mesmo é concidente. Unha baixada lineal é indiscriminatoria e non ten en conta os dous problemas máis grandes cos que nos encontramos que son: o incumprimento do principio de capacidade económica dos veciños e veciñas, e o descomunal incremento das valoracións dos bens inmobles que se experimentou a raíz dunha ponencia de valores plagada de ilegalidades.
 Ante a primeira, o órgano de goberno explicounos a dificultade que teñen á hora de aplicar as bonificacións voluntarias ao estar contemplado no plan de axuste a imposibilidade de poñelas en marcha, polo que lles recordamos que todo plan de axuste se pode modificar e solicitar a súa aplicación a Facenda, e en maior mediada, no momento en que se comenza a xerar a suficiente capacidade como para poder aprobar uns presupostos municipais, igual vai sendo hora de darlle unha volta ao mesmo e buscar a fórmula de que éste permita a aplicación dun principio tributario amparado polo artigo 31 da Constitución Española como é o de capacidade económica, e sobre todo, cando o aumento do ingreso por vía do IBI é cada ano maior debido ao aumento da base impoñible que experimenta o imposto ano a ano. Neste senso, comprometéronse a revisar o plan de axuste en aras de aplicar ditas bonificacións que eles tamén consideran necesarias.
Respecto ás irregularidades que presenta a confección da ponencia de valores, temos que destacar que non se fixo un estudo socioecinómico riguroso e serio que demostre que este tributo non repercute de forma sustancial na capacidade económica dos contribuintes. Por outra banda, esta ponencia está basada nun PXOM repleto de inexactitudes polo que non é unha representación da realidade urbanística do concello, polo que o concelleiro de urbanismo se comprometeu a facer unha revisión do mesmo. E a terceira irregularidade é quizais a máis importante xa que é da que se derivan os valores desorbitados da ponencia. Por lei, ao poseer o concello de Sanxenxo de suficiente sector inmobiliario debería facerse un estudo de precio de mercado local e por zonas que reflexase os valores reales a aplicar na ponencia, sen embargo, usouse un estudo a nivel provincial, collendo valores de diversos bens inmobles de forma totalmente aleatoria e sen un razonamento que o sustente.
Estas tres irregularidades, así como a deficicencia informativa hacia os veciños e veciñas do concello, fai que esta ponencia sexa nula por pleno dereito. Así nolo confirmou a asesora legal da plataforma. Neste caso, o órgano de goberno comprometeuse a valorar os puntos e comentarnos na seguinte xuntanza o seu parecer.
Rematando, o sábado pasado informamos na concentración dos puntos abordados na xuntanza e os compromisos adquiridos na mesma. Seguiremos facendo as concentracións os sábados 3, 10 e 17 de decembro, coa finalidade de seguir informando aos veciños e veciñas da evolución das posibles xuntanzas e indagacións que siga a facer a propia asociación sobre este tema.

Despois do sábado 17 teremos a asamblea anual para render contas aos socios e socias, así como para informar de todos os pasos dados a todas aquelas persoas interesadas, e resolver posibles dúbidas. Recordamos que as nosas asembleas son abertas.

Comentarios

Entradas populares