Concentración 4 de Novembro (Manifesto)



Está visto que tras a primeira concentración algo se moveu no concello pois enseguida se organizou un pleno extraordinario no que tentaron ofrecernos un carameliño para facernos calar.
“O concello ofrece dous puntos de rebaixa no IBI” (titular) Estache ben o conto... E o principio de capacidade económica? E a revisión do PXOM? E as Bonificacións? Algúns necesitan audífono...
[...] Reiteramos as nosas palabras: O “plan de axuste non vale (como escusa) para todo porque existen outros concellos que sí se están tomando en serio estas medidas”. Desde a  plataforma esiximos unha ordenanza tributaria “xusta e equitativa” con bonificacións para aquelas persoas e familias que llegan con dificultades a fin de mes, para as familias numerosas(esta é a única que contemplan), para os que aplican enerxías renovables (tiñámola e quitárona) e para as zonas di rural que non teñen os mesmo servizos que as zonas plenamente urbanas. “Non sabemos ni tan sequiera si se realizou  un estudio socioeconómico que permita coñecer a realidade do municipio (pero todfo apunta a quen non)”[...]
“O PP pide unha rebaixa ata o 0.44” Outro que tal baila…
A ver se imos deixando as cousas claras, o problema que nós denunciamos non ten que ver co tipo impositivo, pois no ano 2014 cun tipo do 0.60 pagábase menos que no 2015 cun do 0.48 e para o ano, cun 0.44, seguirase a pagar bastante máis que no 2014. O gran problema está en que a ponencia de valores foi feita para recaudar máis e de costas á lei. Ter unha vivenda habitual é un dereito constitucional e non debería ser causa de gravame, pero xa que o é por lei, tamén está na lei reflexado que se debe ter en conta a capacidade de pago de cada familia, favorecendo coa aplicación das bonificacións que o tributo sexa xusto e equitativo. Non é de recibo que as familias deste concello estén obrigadas a tomar a dura decisión de comer, pasar frío no inverno ou pagar os impostos.
No  Pleno do 28 do mes pasado, remata aprobándose a moción presentada polo PP e apoiada polo concelleiro non adscrito. E o Sr. Concelleiro de Economía e Facenda, ameaza durante o trascuso do pleno, de forma idéntica que a anterior alcaldesa do concello, con deixarnos sen servizos sociais e máis explícitamente sen centro de Día, respecto a estas palabras temos tres cousiñas que dicirlle: 
En primeiro lugar: a revisión do PXOM sí ten moito que ver coa recaudación do imposto pois non é o mesmo que os terreos estén calificados como rústicos que o estén como urbanos, non insulte á nosa intelixencia.
En segundo lugar: Nós medimos as mentiras de tódolos partidos na mesma balanza,polo que non temos doble vara de medir.
E en terceiro lugar..., ufff, como imos decir esto sen ferir a súa sensibilidade? Non temos a certeza de nada xa que hai dez meses xuraba e porfiaba vostede que estaba facendo o estudo para poder aplicar as bonificacións, algo que, por certo, non leva tanto tempo. Así que chegamos á seguinte conclusión: ou non quere facelo ou é un incompetente como concelleiro de economía e facenda. 
Ao día seguimnte do pleno, os titulares dos xornais eran: “A rebaixa do IBI non afectará á prestación de servicios, pero sí a obras e proxectos previstos” Este é o titular que sacaban os medios ao día seguinte da ameaza no pleno: Ufff, pois quedamos máis tranquilos/as. Imos ter que pedir clases de expresión e comprensión oral para os plenos... Ou será que vivimos en diferentes planos astrales da mesma realidade?
O domingo pasado no xornal encontrámonos co seguinte titular: ”Martín pide a un tripartito que tocó fondo que deje gobernar al PP” dicindo que está visto que entende aos veciños e veciñas do concello mellor e pensa facer máis rebaixas no IBI. Sres. e Sras. do PP, as rebaixas de temporada están moi ben para os comercios, nós o que buscamos son solucións: Revisión do PXOM, Bonificacións, ... Parece ser que vostedes tampouco entenden moi ben que digamos as necesidades dos/as veciños/as.
Por último, este mércores apareceu unha nova no xornal que nos ven dando a razón cando defendemos que por moito que rebaixen o imposto non vai ser xusto nin legal. O artigo dicía así:

Vilanova mantiene el tipo del IBI más alto pero cobra recibos en la media comarcal

Vilanova de Arousa mantiene el tipo impositivo del Impuesto sobre Bienes Inmuebles (IBI) más alto de la comarca de O Salnés, un 0,60 %, en contraste con Meaño y Meis, donde el valor de referencia está, en ambos casos, en un 0,40,
No obstante, a la hora de estimar tanto los ingresos de cada ayuntamiento por este concepto como la media de los recibos que pagan los vecinos es necesario observar también el valor catastral de las parcelas urbanas.
A la cabeza siguen Vilagarcía y Sanxenxo, los dos mayores núcleos urbanos de población, donde el valor catastral medio de las parcelas urbanas es, respectivamente, del orden de 113.000 y 103.000 euros. Se trata de valores muy por encima de los 21.000 euros de media en Meis, que ocupa el otro extremo de esta tabla. Vilanova y A Illa se ubican en una posición intermedia, con valores medios urbanos del orden de 41.000 euros. Cerca de la media comarcal se encuentra O Grove (60.000 euros) y Ribadumia (63.000), mientras Cambados (con 38.000) y Meaño (con 37.000) completan este mapa de valores, por la parte baja.

Concello
Valor catastral medio
Tipo Impositivo
Recibo medio
Vilagarcía
113.000
0.55
622
Sanxenxo
103.000
0.48 / 0.44
494 / 470
O Grove
60.000
0.58
348
A Illa
41.000
0.50
205
Ribadumia
63.000
0.50 / 0.40
316 / 252
Cambados
38.000
0.55
211
Vilanova de Arousa
41.000
0.60
246
Meaño
37.000
0.40
148
Meis
21.000
0.40
84
Aunque Vilanova conserva el valor más elevado de tipo impositivo, heredado del valor que impuso en su día el Ministerio, el recibo medio del IBI se sitúa sobre los 246 euros.”



Non é ningunha casualidade que Vilagarcía e Sanxenxo sexan os dous concellos que teñen os valores catastrais máis altos, xa que as súas ponencias de valores son un "copia e pega" a unha da outra... https://www.facebook.com/images/emoji.php/v5/fcb/1/16/1f641.png Despois ainda nos queren facer crer que foron feitas de forma obxectiva e real..., o peor é que ninguén se molesta en desfacer o entorto e somos os veciños e veciñas quen temos que pagalo, poidamos ou non, sexa xusto ou non, sexa legal ou non... Por iso vos pedimos que vos unades se sigades asistindo ás concentracións que seguirán sendo tódolos sábados ás 11.30h., pois queremos que as cousas se comecen a facer ben, se non defendemos os nosos dereitos, quen o vai facer? Nas nosas mans está que realmente se goberne para todos e cada un dos veciños e veciñas de Sanxenxo e non só para algúns... Bo día e moitas gracias por vir.

Comentarios

Entradas populares