Manifesto do 22 de outubro de 2016
Despois de dous anos de
reunións cos distintos gobernos municipais, manifestacións, proporcionando
información ao concello sobre a ilegalidade e inxustiza que se está cometendo
con este imposto, de reunirnos con distintos partidos políticos, de presentar
instancias, unha pregunta no pleno clara e concisa…, SILENCIO, iso é o que
obtivemos…, EXCUSAS, as mesmas agora que antes, as mesmas que criticaban, agora
dannas eles…
Do Sal a verdade é que
non esperábamos moito despois daquel “Démonos por jodidos”, pero do BNG…, teñen
dobre pecado: defendían a capa e espada a redacción dunhas ordenanzas que
contemplaran as bonificacións, promulgaba aos catro ventos que era inxusto, intolerable!,
E agora, que? Escúdase nas mesmas falacias que o anterior goberno…, e ainda
teñen a cara de querernos facer crer que a culpa é da herencia recibida, o que?
Si xa sabían en que situación se encontraba o concello.
Se este ano houbo
superávit e orzamentos, de que están a falar? Levan un ano dicindo a todos que
as bonificacións se están redactando, despois que non, que ainda se están
estudando, que…, pero bueno? Que están a facer realmente? Querédelo saber?
Estanos enganando…
Pola outra banda temos á
oposición… que se nega rotundamente a modificar o PXOM, e iso que estamos a
pagar pola súa nefasta xestión urbanística; e
non olvidemos que foron os que nos meteron nesta lea
Nós non nos
cansamos, porque a lei e 1565 sinaturas de veciños e veciñas do concello nos
respaldan. Os concellos veciños están facendo cambios e aplicando o que nós
solicitamos, onde está o cambio? Pedimos cambio e déronnos calderilla!
Como parece que non se enteraron imos volver a
dicirlles aquí e agora as solucións que nós propoñemos:
1. Revisión do PXOM do concello de Sanxenxo para que se adapte á
realidade urbanística do concello.
2. A solicitude á Xerencia Territorial de Catastro de Pontevedra, unha aplicación dos criterios de valoración que se axusten á realidade.
3. Que se faga un estudo socioeconómico en prol de garantir que os principios de capacidade económica e non confiscatoriedade sexan cumpridos, mediante a redacción simultánea das bonificacións previstas por lei:
- Para familias numerosas.
- Para Vivendas de Protección Oficial.
- No caso de ter sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxías renovables.
- E para niveis de renda baixa e zonas con carencia de servicios e actividade económica diferente á principal do concello.
4. Que se teña en conta non só o planteamento
urbanístico senón a factibilidade real, é dicir, que se aplique o tributo só a
aqueles casos que cumpran as ordenanzas urbanísticas municipais.
Para a semana esperámovos aquí á mesma hora, porque temos
que facernos ver e oir.
Comentarios
Publicar un comentario