Concentración 12 de novembro (manifesto)


Hai un ano,  despois de 40 días de espera, a directiva da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo reunímonos co actual alcalde e o Concelleiro de Urbanismo.
O obxetivo da xuntanza foi retomar os temas que se puxeran sobre a mesa no mes de xullo, entre os que estaban os compromisos de redactar as bonificacións, e que xa foran solicitadas ao anterior goberno; coñecer as actuacións do concello con respecto á nova reforma da Lei Hipotecaria e a Lei do Catastro Inmobiliario (BOE num, 151 de 25 de Xuño de 2,015), xa que esta lle outorga unha maior autonomía aos concellos á hora de aportar información á delegación provincial da realidade catastral d@s veciñ@s; e indagar na postura do goberno actual sobre a posibilidade contemplada polo Valedor do Pobo de botar abaixo a ponencia de valores tendo en conta as ilegalidades que presenta a mesma: non existíu estudo de mercado real, nin un estudo socioeconómico, existen múltiples deficicencias técnicas de valoración, falta de publicidade suficiente e necesaria @s veciñ@s, etc.
Unha última petición foi a de que puxeran á disposición dos veciñ@s un par de funcionarios coa finalidade de asesorar a todas aquelas persoas que necesiten información. A contestación do concello foi un rotundo "imposible por escaseza de recursos humanos". Dada esta negativa, os membros da plataforma veciñal seguimos dando esta cobertura de información e orientación a pesar de ser competencia do concello.
Debido a cuestións de axenda, a presencia do concelleiro de economía a esta xuntanza tívose que emprazar ata o mércores nun encontro que transcurríu cordialmente, amosando unha actitude colaboradora en relación á posibilidade de redactar as bonificacións que quedaron pendentes de aplicar e á espera dunha posta en contacto co valedor do pobo á hora de considerar tomar algunhas das medidas requeridas por esta plataforma sobre a ilegalidade da ponencia de valores.
Bueno, desto hai un ano, e se esperamos caladiños a que se poñan en contacto con nós tiñámola clara. Xa demasiado tempo levamos calados.
  
Somos conscientes de que éste é un tema incómodo porque suporía ter que traballar en buscar solución para que aplicar a lei non supuxera o incumprimento do plan de axuste, pero non é imposible. Prácticamente todos os concellos de Galicia están sometidos a un plan de axuste, e, sen embargo, vemos como moitos desos concellos están a aplicar bonificacións, rebaixando o tipo impositivo, etc., e iso que os seus valores catastrais son moito máis baixos que os nosos : Cambados, Silleda, Ribadumia, Lalín, Pontevedra, Vigo…
É realmente triste e desconcertante, ver como aqueles concellos que teñen unha ponencia cuns valores máis elevados son xustamente os que non recollen as bonificacións que farían deste imposto máis xusto e equitativo.
A contínua negativa a revisar o PXOM fai que terreos que non están desenvoltos estén pagando uns tributos que non lles corresponden. Ademáis doutros problemas serios que está a darse derivados dos erros que éste presenta. Así, esta semana aparecía na prensa  un problema bastante importante que teñen uns veciños de Portonovo, a maior parte deles son persoas maiores, que no poden poñer ascensor no seu edificio por un erro que se cometeu no PXOM e que ninguén corrixe, nin o goberno anterior nen o actual. Está visto que teñén alerxia a tocar certos temas.


O pasado venres, despois de máis media hora de espera ás portas do despacho do Sr. Alcalde, puidemos falar con él. Durante a conversa volveu soltar as mesmas escusas de sempre: que si se gasta moito, que si as sancións de urbanismo, que si hai moitos gastos que cubrir… Despois dun fluído debate, conseguimos arrancarlle a promesa de que se faría unha mesa de traballo, co órgano de goberno debidamente representada… Coidamos que o ideal sería que estivesen todos os membros do goberno, pois unha decisión tan importante repercute en todas as concellerías en maior ou menor medida.
Aproveitamos tamén para deixar recado á Concelleira de Infraestructuras para que nos informase de como ían os temas da colocación dun espello en Gondar (que leva máis de 25 anos pedido), e da seguridade vial da Rúa Ríos, pola que transitan a diario os nenos e nenas que acuden cada día ao colexio Abrente.
O luns a concelleira chamounos e informounos: o espello non se sabe cando se colocará porque a Xunta de Galicia non contestou, polo que volveu a enviar a documentación. E da problemática da Rúa Río parece ser que xa non se acordaba… A mediodía chamounos a policía local para coñecer de primeira man cal era o problema e proceder a redactar o informe correspondente. Esperamos que desta vaia…

Sen embargo, do que non tivemos máis nova foi da xuntanza…, normal están en Londres promocionando o turismo. Pero como o pasado domingo, na entrevista que lle fixeron nun xornal ao Sr. Alcalde dicía que ainda igual se tiña que subir o IBI para o ano..., bueno…imos pensar que dixo o que dixo porque cando lle fixeron a entrevista ainda non falara con nós…, seguiremos coas manifestacións para que non se lles olvide…

Comentarios

Entradas populares