Productos Fitosanitarios: Informando


Esta información está dispoñible na páxina da Xunta de Galicia e tamén hai algún folleto no concello.

Ainda que a información que se ofrece parécenos moi interesante e útil, lamentamos que non houbera chegado antes ao medio rural, máis que nada porque moita xente que non tiña o deber de sacar o carné de manipulador de productos fitosanitarios fixéronno ao ser mal informados por distintos entes e agros, non sabemos se coa intención de lucrarse ou ben por ignorancia.

Esta é unha mostra de como por non existir unha información clara, concisa e destinada a núcleos de poboación que se viron afectados coa suficiente premura e divulgación, propiciou dende unha lucración indebida (sí, indebida porque non tiñan a obriga de facer o curso as persoas que tan só teñen os cultivos para autoconsumo), a algunha que outra estafa.

Cáseque ninguén lle explicou a esta xente que hai productos que se poden adquirir e suministrar de forma "non profesional". Aquí deixamos a listaxe e como administralos.

Esperamos que esta información lles sexa de utilidade.

Un saúdo.

 








Comentarios

Entradas populares