Apoiando a Leticia Aguín: CACEROLADA 7 XULLO, e instancia ao concello
Seguimos apoiando a Leticia Aguín!!!
O
sábado, 25 de xuño estivemos na charla coloquio da PAH Pontevedra, que se
celebrou en Portonovo, e nela puidemos informarnos dos pasos que están levando
a cabo desde a PAH.
O venres, 1 de xullo, presentamos,
por rexistro, no concello un escrito instando ao órgano de Goberno Municipal
de Sanxenxo a que con carácter de urxencia presente e aprobe unha moción para
que o pleno se sitúe a favor das familias afectadas e que inste o Goberno
Español a eliminar de forma inmediata e definitiva o IRPH Entidades e que os
intereses abusivos cobrados polas entidades como efecto da aplicación de
calquera das variedades de IRPH sexan devoltos aos consumidores; así como que este
consistorio poña a disposición das familias afectadas un servizo para asesorar
, axudar e supervisar a todas as persoas afectadas que queiran revisar esta
cláusula, ante o risco de seguir aplicando tipos desproporcionados e abusivos
desde as entidades bancarias, tal como denunciou varias veces a Comisión
Europea .
Este
próximo xoves, 7 de xullo, a PAH Pontevedra organiza unha gran Cacerolada para
ás 11.00h. da mañá diante da sucursal ABANCA de Portonovo, na que estaremos
dando o noso apoio.
Gustaríanos,
como asociación municipal, facer un chamamento a todas as persoas, colectivos e
órganos institucionais a que se acheguen, pregunten, coñezan todo o proceso
polo que está a pasar esta veciña de Sanxenxo, afincada en Dena, e mostren o seu apoio coa súa presenza na CACEROLADA; pois bótase de
menos a presenza e a pouca ou nula preocupación dos distintos membros de
goberno (sobre todo aqueles e aquelas que teñen competencia como poden ser os
concelleiros/as de Asuntos Sociais) tanto do concello de Sanxenxo como o de
Meaño.
Un
saúdo,
Comentarios
Publicar un comentario