Instamos ao Concello a que se proclame "Municipio oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)"
A pesar de que no documento do acordo afirma que o proceso será levado de forma transparente, a Unión Europea está a levar este proceso de costas á cidadanía, sen consulta ás organizacións ambientais ou sindicatos e sen apenas información á cidadanía; só algúns datos a grandes liñas e negacións matizadas das regulacións para tratar. PP, PSOE, CiU e UPyD rexeitaron no Congreso dos Deputados a iniciativa de EU, ICV-EUiA e CHA para que o ATCI fose sometido a referendo por parte da cidadanía, e por tanto, será votado no Parlamento Europeo cando xa estea negociado.
En Europa existe o principio de precaución, mentres que en Estados Unidos os informes son a posteriori, polo que, unha harmonización neste aspecto recibe bastantes críticas, ademais, a redución dos requisitos en materia ambiental ou en organismos modificados xeneticamente supoñen un punto de crítica. A Comisión pola súa banda nega que "ningunha das partes da negociación pode obrigar á outra a facer nada". O documento afirma que a UE e EE.UU xa cooperan neste campo e isto axuda a "minimizar o efecto sobre o comercio" explicando que entenden "que o ATCI é unha oportunidade de apoiar esta cooperación".
A maior liberalización das relación comerciais EEUU-UE, tal como está concibida, implicaría una rebaixa dos estándares europeos e estadounidenses, xa que ditos regulamentos enfróntanse aos beneficios das corporacións. Deste xeito poríase fin ao “principio de precaución” vixente en Europa, o cal regula a lexislación sobre alimentación e dereitos dos consumidores e consumidoras de Europa.
As cidades e os municipios europeos recoñecen a importancia do comercio de mercadorías e de servizos para o benestar da cidadanía. Con todo, a competitividade e o desenvolvemento económico non deberían ser os únicos criterios para determinar os acordos comerciais tales como o TTIP. Así mesmo, os aspectos ecolóxicos e sociais teñen que ser considerados en calquera negociación comercial bilateral.
Comentarios
Publicar un comentario