O Valedor do Pobo considera insuficiente o informe do SERGAS (PAC Baltar)
O Valedor do Pobo, despois de requerir a información pertinente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre a queixa presentada en referencia á resposta que o SERGAS dou ao escrito presentado pola Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e a Federación de Anpas O Con, así como á problemática que se puxo no seu coñecemento, considera que o contido do informe elaborado pola administración non é suficiente.
La valedora le reprocha al Sergas sus vacilaciones sobre el pediatra de Baltar
Las razones para no reforzar Pediatría en Baltar no convencen a la Valedora
El Valedor considera insuficiente el informe del Sergas sobre el PAC de Baltar
La Valedora do Pobo considera insuficientes las explicaciones del Sergas sobre la falta de pediatras en Baltar
Lembremos que a queixa que motiva o expediente aberto no Valedor do Pobo fai referencia á falta de pediatras na atención diaria, á non cobertura de baixas, e carencia doutros servicios como a falta de ambulancia medicalizada no centro de saúde Baltar, no concello de Sanxenxo.
A Institución do Valedor do Pobo xa nos anos 2015 e 2016 recibira denuncias similares en canto á falta de pediatras, desprendéndose dos informes que lles achegara a propia administración, un compromiso de proceder a través da próxima convocatoria de concurso de traslados e a nova incorporación de médicos especialistas en pediatría, a dar cobertura ás prazas cuxa ausencia de titulares obriga a atención por médicos de familia. Sen embargo, trala lectura do informe, non percibe tal compromiso.
En canto á decisión discrecional da administración sobre a dotación de ambulancias, bota de menos argumentos técnicos que xustifiquen estas resolucións.
Polo tanto, o Valedor do Pobo, volve pórse en contacto coa Consellería solicitando información complementaria sobre todas estas cuestións, tendo un prazo de 15 días para remitir o informe solicitado.
As asociacións que colaboran nesta reivindicación, os veciños e veciñas deste concello, queremos agradecer de forma encarecida o traballo que está levando a cabo esta Institución en aras de tomar as medidas necesarias para solucionar os problemas que estamos a padecer no centro de Saúde de Baltar (PAC)
Comentarios
Publicar un comentario