Informando á Administración Pública das irregularidades na zona ZEPA da Lanzada
Informando, trala desinformación que parece haber na Xunta (onte meteuse esta información por rexistro):
1. - No ano 2008 existía un proxecto chamado “Actuación ambiental en la playa de La Lanzada, Fase III T.M. de Sanxenxo (Pontevedra)”, no que se propoñía, básicamente, a supresión dun tramo de carretera autonómica (PO-308) que discurre paralelo á costa, desviándoa pola traza que actualmente ocupa un vial municipal. Que o proxecto estaba no 2012, pendiente de que a Xunta de Galicia, titular da estrada, executara o mencionado desvío. Sen ambargo, a Xunta de Galicia presentou, posteriormente, un proyecto de seguridade vial da PO-308 que non tiña en conta a posible repercusión medioambiental do mesmo ao discurrir parte do trazado por zona protexida, afectando de forma negativa á rexeneración da Praia de A Lanzada. Así como que a estrada actual e que pretenden conservar presenta un problema de seguridade vial debido a que o vento vai acarrexando area para o mesmo cos consecuentes perigos que conleva. (Normal ao estar en zona dunar).
2. - Este proxecto “Actuación ambiental en la playa de La Lanzada, Fase III T.M. de Sanxenxo (Pontevedra)”, permitía a incorporación ao dominio público unha importante extensión de zona dunar, debidamente contemplada nos estudos do solo (toda a pertencente á Red Natura 2000 e que discurre neste tramo).
3. - O traslado da PO-308 hacia o interior permitía a retirada dun gran muro de pedra no areal. Esta actuación aumentaría a praia en 2.500 metros cadrados de superficie. Estariase a habilitar unha zona para un maior disfrute das persoas, pois incluso se contempla unha zona de xogos para os nenos e nenas, e paseos peoniles e para ciclistas.
4. - A supresión do tramo da PO-308 actual aumentaría a seguridade para os nenos e nenas do colexio que se encontra nas inmediacións, xa que algunhas das actividades as realizan na praia, o que suporía non ter que cruzar unha estrada para poder levalas a cabo. Así como evitaría o perigo que supón a acumulación de area na estrada (tramo actual da PO-308 que se suprimía en prol de recuperar a zona dunar)
5. - Que as catas (mostras de terreo) do estudo topográfico realizado, mostra que é unha zona dunar. De feito, o motivo principal polo que se desprendeu o paseo de madeira nesa zona é éste: asentáronno sobre a area dun sistema dunar; o que fai que siga sendo unha inseguridade e un despropósito mantelo no mesmo sitio. Se se anulase o treito da PO 308, tal como contempla o proxecto de rexeneración dunar, este entablado podería anclarse no asfalto da actual estrada, dándolle mellor seguridade e disminuindo o risco de sair voando e levar por diante aos peóns, ciclistas ou conductores de vehículos.
6 . - Que a Xunta de Galicia presentou, á par, un proxecto de seguridade vial da PO-308 (FOMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE: ITINERARIO PEONIL E CICLISTA PARA MSV NA PO-308 (PQ 25+200 AO 27+970)) que non tiña en conta a posible repercusión medioambiental do mesmo ao discurrir parte do trazado por zona protexida, afectando de forma negativa á rexeneración da Praia de A Lanzada.
7. - Que non se respetaron as formacións graníticas naturais do entorno do Con do Cormorán, a pesar de estar nunha zona de protección e non estar contemplada esta actuación destructiva no proxecto de licitación.
8. - Deste conxunto granítico, coroado por unha escultura dun Cormorám, feito e donado polo ilustre Alfonso Vilar Lamelas (feita como homenaxe a un cormorán que os guiou, a el e outros mariñeiros, a terra, rematando por pousarse enriba deste con, cando estaban inmersos na néboa no medio do mar), ninguén tivo a preocupación de facer o estudo pertinente, como moitos outros conxuntos que existen no noso concello e que ainda están sen catalogar, presumiblemente porque “freaban” a ansia de construir dos anteriores gobernos municipais, prevalecendo o interese desta actividade por riba da conservación do noso patrimonio. Este estudo podería sacarnos de dúbidas respecto a se é mámoa, dolmen, ou cons do mar, dado que se encontra a medio camiño entre os restos dunhas salinas fenicias e unhas excavacións arqueolóxicas recentes que foron catalogadas como referentes para entender a historia galega. O que está claro é que xa aparece nas primeiras cartografías que existen do lugar, como unha elevación, presumiblemente por estar agochadas baixo unha capa de area (duna)(contrastado cunha fotografía aérea do 1957, efectivamente, a elevación que aparece na zona é unha gran duna), a súa singularidade, localización, referencias literarias, a súa flora e fauna, merecen un respeto e un trato que non lle están a otorgar.
9 . - Que, a día de hoxe, prácticamente a totalidade das dunas que están nas inmediacións do Con de Arbón e protexidas pola Red Natura 2000 foron usadas de zona de almacenaxe de escombro cando non estaba reflexado no proxecto tal uso, así como de aparcadorio de maquinaria pesada, tendo como consecuencia a súa práctica desaparición. Esta zona, ao ser dunar, ten unha flora e fauna características da zona que se está a perxudicar co conseguinte impacto medioambiental innecesario e en contra do establecido, incluso, tanto no contrato de licitación como nos permisos pertinentes.
10 . - Que estiveron realizando excavacións e movementos de terras sen permisos e contradicindo o Plan Director de Red Natura 2000. (artigo 1 da Directiva 92/43/CEE)
Se todo esto é cumprir a normativa medioambiental e perservar o noso patrimonio natural..., sen máis comentarios.
La Xunta devolverá a Noalla el terreno de las polémicas rocas de A Lanzada

Comentarios
Publicar un comentario