Presentación



A  Asociación Plataforma Veciñal  Sanxenxo constituiuse con competencias en toda a provincia de Pontevedra ante aqueles casos nos que os veciños e veciñas de Sanxenxo se vexan afectados dunha maneira directa ou indirecta.











 A dirección da plataforma está formada por 11 persoas neste momento: Presidenta, Vice-oresidente, Secretario, tesoreira, e sete vogais. Cada un destos vogais encargarase de facer de enlace cos representantes de cada parroquia, e éstes de trasladar os problemas e inquedanzas, suxerencias, propostas, etc. dos veciños desa zona.Neste momento estase a levar a cabo reunións polas sete parroquias do concello, coa finalidade de, ademáis da presentación da Asociación, pedir que elixan un ou dous representantes parroquiais.
 A cuota mensual é dun euro, que se poderá pagar, mensual, bimensual, trimestral, semestral ou anualmente, segundo un poida e queira.
Moi importante manterse nunha liña neutra ou apolítica. Blindouse o uso da plataforma con fins electorais cunha cláusula que está no reglamento interno que dí que " A Asociación Plataforma Veciñal  Sanxenxo, non poderá desempeñar os cargos de president@, vicepresident@, tesoreir@ ou secretari@  ningunha persoa que houbera formado parte de listas electorais nos últimos oito anos. En caso de que algún dos membros queira formar parte dunha lista debe poñelo en coñecemento da Asociación e deixar o seu posto vacante"


 É moi importante que esta Asociación sexa unha asociación apolítica: todos os veciños e veciñas teñen cabida na asociación, independentemente do seu sexo, raza, cultura e afinidade relixiosa ou política, sempre e cando residan en Sanxenxo. Polo que non se apoiará ou rechazará ningunha formación política; de feito, pediráselle a súa colaboración e apoio a todas elas, en caso de que fose necesario, tal como se está a facer co caso do IBI.





Así como nos sexa posible, iremos poñendo á vosa disposición máis información: acta fundacional, estatuto, reglamento interno, etc. Grazas por formar parte deste gran proxecto e/ou o voso interese por coñecernos.












Comentarios

Entradas populares