Grazas polo voso apoio!!!

Damos as grazas a tódalas persoas que estiveron ao noso lado, a pesar da choiva así como aos representantes dos seguintes colectivos, : AA.VV. de Dorrón, Asoc. Ecobateas, Mulleres Rurais de Vilalonga “A Candelaria”, S.O.S. Panadeira, Agrupación Avelaíña, Círculo Podemos Sanxenxo e dunha forma moi especial a D. Luis Camiña, Secretario Xeral do Sindicato de Pensionistas de CC.OO., que se interesou polo motivo da concentración e se uníu á causa.
Unha vez máis, informamos que este pasado venres, ás 12 da mañán, reunímonos máis dunha vintena de persoas, ante as portas da Subdelegación Territorial de Catastro de Pontevedra, para reinvindicar os nosos dereitos. Despois de dúas manifestacións e unha concentración no Concello de Sanxenxo, toca esixir ao Catastro que asuman a súa parte de responsabilidade, solicitando unha revisión conxunta do mapa catastral do concello, xa que non se axusta á realidade urbanística do mesmo.
Así mesmo, detectamos e solicitamos a subsanación dunha anomalía común a varios propietarios/as de bens situados na zona limítrofe con Meaño, os cales desapareceron do mapa a partir do 2009.
O próximo paso a dar será ir xunto do Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo, para que nos apoien xa que, non fomos informados, por parte do Órgano de Goberno do Concello nin da oposición, da creación das ponencias de valores ata que foi demasiado tarde para poder recurrir. Por outra banda, o estudo no que se basearon as ponencias de valores non é público, nen se nos amosou a pesar de habelo solicitado. A suba dos valores foi esaxerada, o que nos fai pensar que foron usados valores de precio de mercado do ano 2008. A isto hai que engadir que, a pesar de que así o establece a Lei Tributaria e a Lei de Facendas Locais, non se creou ningún tipo de mecanismo, como pode ser un regulamento municipal, que faga posible o principio de “capacidade real do contribuinte”, é dicir, que o que paga cada contribuinte non supoña unha carga adicional insoportable dada a súa situación económica real de cada un. E, por último, dado que, para a realización desta ponencia e revisión do mapa catastral foi usado o PXOM do ano 2003, éste non reflicte a realidade urbanística do concello.

Comentarios

Entradas populares