Concentración Subdelegación Territorial do Catastro de Pontevedra




Dámosvos as gracias por acompañárnos, a pesar da choiva, na concentración que fixemos hoxe diante do Catastro.

Despois da manifestación do día 3 de xaneiro en Sanxenxo, na que entregamos as 1.172 firmas de veciños e veciñas de Sanxenxo para que o concello axuste o imposto á realidade económica das persoas, agora toca facer un chamamento á Dirección Xeral do Catastro para que se subsanen todas os erros que aparecen nos mapas catastrais. Pois é contrario á lei e a todo sentido común, ter que pagar por unhas comodidades, infraestructuras e dotacións que non temos.

O erro ven de que o PXOM do 2003, polo que se rixíu o Catastro para facer os cálculos e a cartografía correspondente non se axusta á realidade. Hoxe fixemos entrega dunha solicitude na que se reflicte esta realidade,pero existen máis irregularidades detectadas polos propietarios e propietarias de fincas limítrofes co Concello de Meaño, as cales desapareceron do mapa a partir do 2009. Se alguén se encontra nesta situación, rogamos que se poña en contacto con nós.

Polo tanto, hoxe solicitamos da Dirreción Xeral do Catastro que axusten o mapa catastral á realidade e non a un proxecto que non puido realizarse. Os veciños e veciñas de Sanxenxo non viven nunha realidade de ficción.

Agora, o próximo paso a dar é pór en coñecemento do valedor do pobo e do Defensor del Pueblo todos os pasos dados e solicitar o seu apoio así como unha solución.

Moitas gracias pola vosa asistencia.

Comentarios

Entradas populares