Que tipo de formación granítica é o Con de Arbón???

A Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo, xunto con varios colectivos estamos perplexos coa pasividade coa que están a responder tanto os distintos organismos institucionais, como a empresa AMBIOTEC, S.L. ante a desfeita que se está a cometer na zona protexida ZEC e ZEPA, descritas no Plan Director de Red Natura pola que discorre as obras do proxecto FOMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE: ITINERARIO PEONIL E CICLISTA PARA MSV NA PO-308.
Como poden comprobar, non se respetaron as formacións graníticas naturais do entorno do Con do Cormorán, (conxunto granítico que non contemplan no estudo medioambiental e paisaxístico, e da cal se está a solicitar protección en patrimonio xa que se sospeita que poida ser os restos dun dolmen de corredor) a pesar de estar nunha zona de protección e non estar contemplada esta actuación no proxecto de licitación.
A APVS solicitoulle a AMBIOTEC, S.L., (encargada de facer o estudo medio ambiental e que se responsabiliza de facer un seguimento a pé de obra), copia dos seus informes de inspección previo ao comezo de obras e os mensuais, xa que nos encontramos, con que as obras realizadas non se corresponden co proxecto de licitación, nin facilitan a salvaguarda nin a potenciación da calidade ambiental do espacio natural Red Natura 2000: Complexo Ons - O Grove, formaciones morfolóxicas, vexetación, recursos hídricos, etc. que corresponde a este lugar.


A día de hoxe, prácticamente a totalidade das dunas que están nas inmediacións do Con de Arbón e protexidas pola Red Natura 2000 están sendo usadas de zona de almacenaxe de escombro cando non está reflexado no proxecto tal uso, así como de aparcadorio de maquinaria pesada.
Durante estas dúas últimas semanas,puxémonos en contacto coa Dirección de Patrimonio Natural (CMAOT), co Servizo de Arquitectura e Etnografía, a Concellería de Medio Ambiente e a de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, a Xefa do Servizo de Costas de Pontevedra, e a propia empresa AMBIOTEC, S.L., para informalos das irregularidades que se están producindo nesta contorna, solicitar a paralización das obras neste tramo mentras non se aclaren as mesmas, e non se tomen as medidas de salvaguarda, así como un novo estudo de impacto medio ambiental despois da nefasta xestión nunha zona de tan alto valor natural e paisaxístico. 

Ante o pouco ou nulo interés que mostraron tanto os anteriores gobernos do concello de Sanxenxo como o que está a mostrar o actual, estamos tentando poñernos en contacto con persoas especializadas en megalitismo coa finalidade de facer un estudo de campo do conxunto granítico de a pé do Con de Arbón.

Comentarios

Entradas populares