Plan Ambiental máis respetuoso para A Lanzada

Este xoves, 23 de febreiro, reuníronse na sala do edificio de Medioambiente
de Vilalonga, os representantes da A. Plataforma Veciñal Sanxenxo,
AA.VV. Noalla, ANPA o Telleiro, ANPA do IES Sanxenxo, AA.VV. Vilalonga,
Somos Sanxenxo e outros veciños e veciñas interesados no tema desde
o comezo da polémica, para tratar a xestión realizada no tramo da PO-308
á altura do Con de Arbón,ou Con do Cormorán, zona afectada por Costas
e pertencente a Red Natura 2000; a cal están a usar, neste momento,
como escombrera e aparcadoiro de maquinaria pesada.  
Outros colectivos que se interesaron por esta actuación e que non
estiveron presentes na xuntanza foron, entre outros: EQUO e Inscritas
Podemos, Sanxenxo.
Facemos un chamamento a todas aquelas persoas, entidades,
administracións públicas ou privadas, organización políticas, etc.,
que queiran colaborar, se poñan en contacto con calquera dos reunidos
na xuntanza deste xoves.
Varias asociacións e algún veciños, de forma particular, xa solicitamos
información sobre o proxecto e o seu estudo de impacto medioambiental
ás correspondentes administracións públicas. Así mesmo, tamén se solicitou
ao servizo de Patrimonio e Etnografía a protección desta paraxe  en prol
de preservar este hito xunto con todo o que a envolve a través da súa
cataloguización como ben patrimonial.

Unha vez reunida toda a información dispoñible, nos encontramos con que existía un
proxecto anterior, avalado por un estudo medioambiental, os hosteleiros da zona, os veciños
e veciñas e por Costas no que se respetaba a zona dunar e que formaba parte dun proxecto
chamado “3ª Fase da Rexeneración dunar de A Lanzada”; un proxecto que era máis
respetuoso co medioambiente, as formacións rocosas, facía máis saudable a zona de paseo
alonxados do fume dos vehículos, permitía a anclaxe do paseo de madeira no asfalto da
estrada actual e que os rapaces do colexio que existe nas inmediacións puideran facer as
súas actividades na praia sen ter que atravesar ninguna estrada. Non entendemos, pois,
como se acabou facendo esta variante, a todas luces menos favorable.

A partir desta xuntanza comezaremos a presentar peticións de información, denuncias, etc.,
de forma consensuada e conxunta coa finalidade de que os proxectos que se leven a cabo
en zonas de disfrute de todos os veciños e veciñas sexan previamente presentadas,
consensuadas cos mesmos e garantir que as obras se realicen de forma transparente,
dado que encontramos actuacións e modificacións que se fixeron de maneira opaca e sen

Comentarios

Entradas populares