Asemblea 04 de Febreiro 2017
NOTA DE PRENSA:
O pasado sábado, 4 de Febreiro, no Auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán, levouse a cabo a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo, coa finalidade de elexir Xunta Directiva, presentar e aprobar as contas, así somo de informar as novidades de última hora sobre o tema do IBI.
Na asemblea prorrogouse a continuidade da Xunta Directiva anterior por unanimidade e ausencia de candidaturas, que seguirá a estar composta por: Mary Camiña V. (presidenta), José Manuel Camiña F. (Vicepresidente), Roberto Martínez C. (Secretario), Marcial Touriño R. (Tesoreiro), e os seguintes vogais: Beatriz Martínez G., Mª José Rivas O., Ángeles Otero B., Chelo López F., Charo Bea G., Elena Torres A., e Flora Rea Q.
En canto ás novidades respecto ao IBI, salientamos o feito de que o pasado 25 de xaneiro recibimos a chamada do Sr.Alcalde, Gonzalo Pita, o cal nos comunicou que solicitou ao Interventor do concello un estudo de viabilidade contemplando, se fose necesario, a modificación do Plan de Axuste, para aplicar as bonificacións que a Plataforma lle presentou por rexistro o pasado 30 de decembro. Tamén fixo referencia a que tiña previsto que este estudo estivese listo a principios do mes de marzo, e unha vez realizado convocaría a xuntanza solicitada en aras de seguir traballando e dar solución a esta problemática.
No mes de marzo, tamén temos previsto dar unha charla informativa da repercusión da valoración catastral da nova Ponencia en outros impostos tales como o de Sucesións ou de plusvalías municipais, do cal temos unha ordenanza recén estreada no concello de Sanxenxo.
Asímesmo, aproveitouse para presentar aos asociados, mediante unha charla sobre cláusulas chan e outras abusivas, a gran labor que están a desenvolver a PAH de Pontevedra, que é un colectivo de afectados pola hipoteca que levan varios anos defendendo os dereitos dos consumidores das cláusulas abusivas que os bancos nos colan no noso contrato hipotecario, e as cales, levan en moitos casos a que se dean deshaucios inxustos e abusivos.
A charla foi amena e chea de exemplos reais, casos de primeira man. Deron conta de 17 cláusulas abusivas presentes en moitas das hipotecas, algunhas das cales xa se declaran nulas de oficio a día de hoxe, e outras tan incribles como a que obriga ao hipotecado a comunicar e pedir permiso á entidade bancaria para facer reformas na vivenda hipotecada ou se se quere alugar.
Agradecemos aos asistentes a exposición dos seus casos, preguntas e aportacións. E como non, ás poñentes da PAH e resto de membros asistentes por traernos esta información e darnos a posibilidade de aprender a defendernos ante as inxustizas que agora o Tribunal Europeo comeza a recoñecer.

Comentarios
Publicar un comentario