Propostas da APVS de Bonificacións no IBI

O pasado 30 de decembro, metemos por rexistro, a proposta de bonificacións que fai a APVS para o IBI, así como a petición dunha xuntanza de todos os grupos municipais para levar a cabo un estudo e chegar a un consenso na solución desta problemática.

Fixemos, así mesmo, chegar unha copia das mesmas a todos os partidos con representación no concello (incluído concelleiro Non Adscrito, por suposto).

Depois da resaca destas festas de Nadal, esperamos en calquera momento a chamada para esa xuntanza, así que, tal como prometemos no noso reglamento interno, en prol da máxima transparencia posible, procedemos a publicar o contido da instancia que se meteu por rexistro.

Un saúdo.







Comentarios

Entradas populares