Ano 2016: A problemática da Ponencia de Valores de Sanxenxo chega ao Parlamento Galego

Despois dunha xuntanza coa Asociación, Chelo Martínez (parlamentaria galega) denuncia o abuso nas revisións do valores catastrais que non afecta só aos labregos.
Como exemplo puxo o caso de Sanxenxo onde ás costas da xente, non informaron aos veciños até que pasou o prazo, resultando que os veciños soportan un imposto partindo duns valores con prezos de 2008 cando a tolemia dos prezos da burbulla inmobiliaria. O resultado é que en Sanxenxo pagase de IBI 829 €/habitante, moito máis que nas grandes cidades. 


Debaixo da imaxe contades co enlace da intervención da deputada galega no Parlamento, onde expón dunha forma moi clara e abreviada, a problemática real das valoracións e a falta de información que tivemos as veciñas e veciños en todo momento.

Chelo Martínez de Cerna denuncia o abuso nas revisións do valores catastrais

Comentarios

Entradas populares