Manifestación 10 de decembro

Conscientes de que as cousas en "palacio van despacio", levamos máis de 15 días sen novas do concello, pero para que non caia no olvido, aquí de novo estamos.

- Uns impostos xustos, e legais é o que pedimos.

- E como son xustos?
- Pois cumprindo os principios tributarios: equitativos, non confiscatorios, ...

- Cómo se consegue?
- Axudándonos da lei e aplicando os artigos que contemplan as bonificacións, que para estes menesteres foron redactados. Chega con ler a xurisprudencia e as respostas vinculantes da propia facenda en cuestións de facenda local.

- E como son legais?
- Pois cumprindo as leis.

- Que leis non cumpren?
- O art. 31 da Constitución Española, a propia ordenación de como se fai unha ponencia de valores ao non ter en conta a existencia de sector inmobiliario no concello, ao non redactar un estudo socioeconómico serio, ao non ter en conta os principios tributarios, ao basar a ponencia nun PXOM que non reflicte a realidade urbanística do concello.

-E cómo se soluciona?

- Revisando o PXOM do concello de Sanxenxo para que se adapte á realidade urbanística do concello. (En prol de aplicar a bonificación contemplada no art. 74.1 da lei de Facendas Locais)
- Solicitando á Xerencia Territorial de Catastro de Pontevedra, unha aplicación dos criterios de valoración que se axusten á realidade.
- Facendo un estudo socioeconómico en prol de garantir que os principios de capacidade económica e non confiscatoriedade sexan cumpridos, mediante a redacción simultánea das bonificacións previstas por lei. 
- Unha vez realizados estos estudos, incluido o de mercado inmobiliario, solicitar a nulidade por pleno dereito da Ponencia de Valores ou ben unha rectificación, avalado polos novos informes, que deben ser reales e deben especificar que datos se tomaron, de que organismos e cómo se levaron a cabo.


Se realmente recoñecedes que estas peticións están ben fundamentadas. Non quededes nas vosas casa, facede un oco no voso próximo fin de semana xa que cambiamos a concentración da mañá por unha charla-coloquio informativa chamada: “Xustiza Tributaria”. Pois as valoracións catastrais repercuten en cousas tan cotidianas como a aceptación ou denegación dunha beca de estudos para os/as nosos/as fillos/as, á hora de tributar en caso de donacións ou herdanzas, nas plusvalías municipais, etc. 

Comentarios

Entradas populares