Charla Informativa: Xustiza Tributaria







O pasado sábado, 17 de decembro, no Pazo Emilia Pardo Bazán, acudiron á Charla Informativa “Xustiza Tributaria” arredor da centena de persoas.

Comezaron a charla os membros da asociación plataforma Veciñal Sanxenxo, que espuxeron de forma moi breve a problemática do novo relatorio de valores sen que exista, polo momento, unhas bonificacións acordes ao artigo 74 da 
lei de facendas Locais, e sen embargo levándose a cabo unha reducción do tipo impositivo.














En primeiro lugar, tivo o turno de exposición o concelleiro de Economía e Facenda de Cambados, Xurxo Charlín (Somos Cambados), o cal explicou de forma pormenorizada a situación que se encontraron cando comezaron a gobernar no concello, o cal está tamén sometido a un plan de axuste debido aos excesos do PP das anteriores lexislaturas. Para pasar a continuación a dar conta do procedemento que seguiron para mellorar esta realidade:


  1.  Análise da situación do concello na recaudación do IBI en comparación co resto da comarca do Salnés, considerando que é de onde proceden a maior parte dos ingresos. (Démonos conta que Sanxenxo é o municipio que máis recauda do IBI para as arcas). Entón plantexáronse a seguinte pregunta: cómo evitar mermar os ingresos sen afogar á xente?
  2.  Existía a posibilidade de ou ben regularizar e bonificar, ou ben baixar o tipo impositivo. E pese a que rebaixar o tipo impositivo quedaba ben de cara á galería, non supón unha baixada xusta dos impostos, aínda que si dos ingresos do concello, polo que a consideraron unha medida a descartar.
  3. Entón optan por unha terceira opción que pasa por estudar a situación das parcelas e detectar aquelas que non están declaradas, logrando un incremento dos impostos mediante comunicación co ORAL, dándolles a posibilidade de declarar voluntariamente ós seus propietarios sen cargos retroactivos e sen sanción por non facelo con anterioridade.

Ese incremento dos ingresos deu pé á posibilidade de redactar o regulamento de bonificacións, paliando a situación das familias que se viron máis afectadas pola subida do IBI. Algunhas destas bonificacións consistiron en:

  • Incrementar periodo máximo e porcentaxe de bonificación para as VPO
  • Bonificacións para propietarios inscritos no censo de vivendas de aluguer social
  • Para o uso de enerxías renovables.
  • Para as cooperativas cunha reducción do 95% apoiándose na lei Adelson ó plantexar o sector primario como o sector punta no concello
  • Para as novas empresas, e para as empresas que creen emprego
  • Do 95% de cara á mellorar as condicións de adecuabilidade das vivendas de persoas con discapacidad que precisan acabar coas barreias arquitectónicas no propio fogar
  • Do 95% nas obras á hora de mellorar o conxunto histórico.
  • No imposto de actividades económicas (IAE) cunha reducción do 50% no inicio de actividade
  • En actividades económicas sostibles e ecolóxicas chegando ó 50%, ó igual que si se usa transporte público ou vehículo compartido.
  • En vehículos de tracción mecánica históricos (máis de 25 anos)do 75%, ó igual que para automóviles híbridos ou eléctricos
  • 75% de bonificación sobre o imposto de plusvalías, e en negocios familiares herdados
  • 50% de bonificación para autónomos desempregados que fan un pago único para montar un negocio
  • Ademáis das bonificacións, exención da tasa de recollida do lixo en beneficiarios do RISCA, usuarios de comedor social, pensionistas e asalariados que có chegan ó mínimo interproefsional.
Así mesmo, a información sobor das bonificacións foi entregada a cada veciño, porta por porta, a fin de que todos os colectivos se enterasen da rebaixa dos impostos que lles corresponde e poden solicitar. Tamén se poden consultar na web de transparencia do concello de Cambados.


O Deputado autonómico, Julio Torrado (PSOE), falounos de Vilagarcía, comentando que a medida adoptada para afrontar a suba do IBI foi a redistribución dos impostos de maneira equitativa, progresiva, e realista tendo en conta os servizos, as condicións da vivenda, a localización e todos aqueles parámetros que van determinar o valor e que han de estar actualizados. Pero tamén progresiva no senso de ter en conta á persoa propietaria e a súa situación.
O plan de axuste do PP polo que os concellos tiveron que decidir sobre o tipo impositivo e o valor catastral dos bens inmobles así como un municipio no que a concesión de licencias ilegáis para a construcción e a desactualización do mapa catastral con vivendas que non chegaron a executarse de todo por mor da crise ou da mala praxis, ou a promesa de novas obras por cuestión electoráis que sen embargo non se plasmaron na realidade e si no PXOM; acaban xestando un problema de inxustiza tributaria, pola que esos mesmos que crearon o problema, desde a oposición agora piden baixada de impostos a fin de maniatar ós gobernos actuáis de cara a actuacións municipáis necesarias.
En Vilagarcía partindo dunha subida do tipo a 0,60 prometeron unha baixada progresiva a 0,58–0,55-0,54 ata o 0,52 ó final da lexislatura e de momento están a cumprir en tempo. Pero cada punto en Vilagarcía supón unha reducción de 110000€ nos ingresos do concello, así que as medidas a adoptar para compensar a rebaixa no IBI foron as de incrementar o imposto de actividades económicas daquelas empresas que facturan máis dun millón de euros por ano; ou incremetar o imposto en vehículos de tracción mecánica de alta cilindrada…
Ó mesmo tempo redactaron un regulamento de bonificacións onde se inclúen colectivos con dificultades como desempregados, persoas con problemas de accesibilidade e barreiras arquitectónicas nas vivendas, ou a exención do IBI para propietarios que están cobrando o RISCA. No caso do rural, reduciron o IBI dados os servizos dos que dispoñen en menor medida.
Polo tanto fíxose un estudo pormenorizado a fin de coñecer a situación dos veciños e redistribuir o imposto en función das necesidades e das características das propiedades.

Pola súa parte, o Deputado autonómico, Antón Sánchez( EnMarea) contastou que existe a día de hoxe unha política de tributación non equitativa onde prevalecen os beneficios do capitalismo fronte as necesidades dos asalariados. O sistema tributario ha de ser xusto e progresivo. Os impostos dos que sacar o ingreso que nos afectan a todos son o IVE e á meirande parte o IBI, para o que o Estado compensou aos concellos tras o parón da construcción, sendo este o que ten capacidade lexislativa, o goberno nacional aumentou o tipo impositivo sobre o valor catastral sen ter en conta a renda das persoas.
Non obstante, o incremento do valor da vivenda se non hai un afán especulativo se non de residir nela, afecta sustancialmente a quen a habita. A isto sumamos a modificación lexislativa do 2004 que recentemente comezou a aplicarse de cara á regularización das instalacións relacionadas coa actividade agrícola no rural e que se comezan a pagar a pesar de que desde a aprobación da lei as persoas propietarias xa xubilasen e actualmente sexan pensionistas que non lle sacan rendemento. Insiste en que na lei estatal hai un réxime de bonificacións de cada concello non pode saltarse esa lei de facendas locais no seu artigo 74.2. Na actualidade o goberno estatal non permite graduar o IBI en función da renda das persoas pero si establecer bonificacións. 
A proposta de En Marea de que se permita aplicar bonificacións en función das rendas das persoas, foi aprobada no parlamento galego para pasar a poñela en coñecemento do goberno estatal, que é o que ten capacidade lexislativa a este respecto.
Dentro dos límites que impón polo de pronto o Estado, en cada concello cada goberno terá que promover unha tributación o máis xusta posible.


Acabadas as exposicións, houbo un turno de preguntas, que se tivo que acortar debido á falta de tempo, entre as mesmas, preguntouse cal era a porcentaxe de endeudamento do concello de Sanxenxo; aproveitando a presenza dos dous deputados autonómicos, tamén houbo unha pregunta sobre a lei de dependencia, falouse sobre como afecta a merma da poboación ao concello ao non haber un crecemento de actividade empresarial, e existir un aumento de presión tributaria, comentouse tamén sobre as tasas de recollida de lixo ao non ir en función dos residuos producidos como noutros concellos, etc.

Os membros da Asociación sentímonos agradecidos pola asistencia de todas as persoas que fixeron un oco nas súas axendas de Nadal para compartir con nós esta charla informativa e que esperamos que non sexa a última. Tamén agradecemos a asistencia dos poñentes e todas aquelas persoas que fixeron posible este evento.


Por último, botamos en falta a asistencia de representantes da totalidade dos partidos políticos do concello, a pesar de estar convidadas todas as formacións. 
A partir desta toda información, a asociación comezará a redactar un documento no que reflexen as bonificacións que se consideran necesarias para ter un IBI xusto e que se fará chegar ao órgano de goberno do concello de Sanxenxo como punto de partida para seguir adiante coa resolución da problemática que levamos arrastrando durante estos dous anos.

Comentarios

Entradas populares