Xuntanzas cos distintos grupos municipais


Durante estos meses, a dirección da APVS reuníuse cos distintos grupos políticos que teñen representación no concello de Sanxenxo.
A primeira reunión foi co concelleiro non adscrito Roberto Carlos Agís Balboa, o cal se desenvolveu de forma cordial, e da que se conseguíu o compromiso de apoiar á plataforma nas súas actuacións. Como coñecedor do proceso que levamos a cabo dende a plataforma en referencia ao IBI, mostrouse disposto a colaborar e presentar unha moción para instar ao goberno a solucionar os problemas que esta ponencia acarrea aos veciños e veciñas do concello.
A seguinte reunión fíxose co grupo PSOE municipal, no que recibiron con certo entusiasmo a nosa proposta de facer unha revisión do PXOM, xa que está totalmente desactualizado, e que é lexítimo pedir bonificacións, recordándonos que esa é tarefa do actual concelleiro de Facenda Local, o Sr. David Otero, ó que lle comentamos que visto que as leva redactando dende antes das eleccións supoñemos, dende a plataforma, que xa deben estar listas.
A última reunión foi con representantes do grupo municipal do PP. A reunión celebrouse con certos momentos de tensión, sobre todo cando tocamos temas como a revisión do PXOM, ou o recurso á fiscalía. Polo demáis, obtivemos o seu compromiso de solicitar as bonificacións que a lei contempla (recordámoslle ao Sr. Marcos Guisasola que xa a Sra. Catalina as prometera e nunca chegaron), e a rebaixa do tipo impositivo.


Comentarios

Entradas populares