Pregunta interposta pola APVS para o pleno do 30 de maio

Este luns,23 de maio, a A. Plataforma Veciñal Sanxenxo, meteu por rexistro unha pregunta ao pleno do concello. Nela exponse, de forma moi resumida, os erros máis graves da ponencia que deben subsanare, igual que a importancia que ten para moitas familias deste concello, a aplicación de bonificacións.

Xa que non nos quedou claro a postura que vai adoptar o goberno local sobre este asunto, e dende decembro estamos esperando para que nos digan que solucións están dispostos a levar a cabo, preguntarémosllo no pleno, a ver se así nos enteramos todos os veciños e veciñas do concello.

Moitas grazas a todos e todas os que estades a colaborar.

Un saúdo.

Comentarios

Entradas populares