Tentan tomarnos o pelo ou incumplen a lei de protección de datos?

Tras presentar por dúas veces a petición dunha copia compulsada do documento que reza como “Petición Popular dirixida ao órgano de goberno do concello de Sanxenxo” , o día de onte recibimos unha notificación do Sr. Alcalde D. Gonzalo Gonzalo Pita no que se nos informa que toda a documentación referente ás ponencias de valores está na delegación de Catastro e polo tanto é a esta entidade a quen temos que solicitala.


A documentación que solicitamos vai acompañada de 1.172 sinaturas e os seus correspondentes nomes, apelidos e DNI de cada un dos asinantes, os que o fan susceptibles de aplicación da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Ditos datos, se é realmente que foron depositados ou enviados á Xerencia Provincial do Catastro, non foi informado nin autorizado (xa que non se solicitou) aos responsables da garda e custodia dos mesmos, que somos as organizacións que as recabamos e polo tanto, responsables do seu uso. Recordamos ao Ar. Alcalde que unha petición popular, na forma e uso da presentada, é de competencia exclusiva do concello, e se éste estima necesario o envío a outras institucións para solventar o problema, debe en todo caso, informar aos afectados e afectadas.



Dende a APVS pasamos a informar e solicitar información sobre este tema que nos ocupa á Xerencia Territorial Provincial de Catastro de Pontevedra. E solicitamos a xustificación e motivo polo que esta documentación obra en poder do Catastro sen previo aviso aos afectados e afectadas. 
En caso de que esté en mans do concello, se poña á nosa disposición una copia selada polo concello, de todas as follas de sinaturas (1.172), coa finalidade de poder defender a nosa causa ante as institucións e órganos que teñen competencia no mesmo, xa que así foi notificado e aceptado polos afectados e afectadas no mesmo epígrafe de cada folla de recollida de sinaturas. Comezamos a pensar que o goberno local non entende que con esta forma de actuar pode estar incurrindo nun delito de indefensión ao cidadán ao non facilitar a documentación necesaria para tal finalidade.



Comentarios

  1. Sería bueno que primero leyeran ustedes la ley que regula la protección de datos y el reglamento que la desarrolla, sumado a estas normas, la ley de procedimiento administrativo. No vaya ser que sean ustedes quien las incumple. Por otro lado, no existe el "delito de indefensión" en cualquier caso se trata de un principio que aplicado a un procedimiento administrativo el interesado o administrado alega, porque, de alguna forma, el haber un defecto en la tramitación de un procedimiento administrativo le puede otorgar tal indefensión que dicho proceso quede sin resolución o esta sea nula, si se demuestra indefensión. Buenas tardes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sería bueno que personas como usted se dejen de emitir opiniones pseudoburocráticas y se interesen , si es que les apetece , por el tipo de problemas que intentamos solucionar desde la Plataforma de vecinos. Si usted es una lumbrera en legislación y derecho administrativo , dese a conocer y ofrezca su ayuda a los miles de vecinos afectados por la subida de impuestos municipales, y si usted no es más que una persona que regala opiniones gratis , le comento que decir que nuestra asociación incumple la ley , es una tomadura de pelo gratuita, similar a las que nos tienen acostumbrados nuestras administraciones públicas, en especial , la administración local. Buenas tardes a usted tambien.

      Eliminar
  2. "Para el Derecho de España la producción de una situación de indefensión supone la vulneración de los derechos fundamentales procesales recogidos en la Constitución del 78, concretamente en su artículo 24.1." Concluindo, estar en situación de indefensión é cando se produce unha vulneración dos dereitos fundamentales, polo tanto incúrrese en delito. Pero se prefire dicimos que é unha obstrucción á defensa dos dereitos dos cidadáns...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares