Non nos damos por vencidos. O poder témolo os veciños e as veciñas


O venres 8 de abril, a xunta directiva da APVS reunímonos coa avogada que leva o tema de instancia e petición dun pleno aberto aos veciños e veciñas de Sanxenxo para que se resolva o tema da ilegalidade da ponencia de valores e a redacción dunhas ordenanzas municipais que contemple as bonificacións ás que todos os veciños e veciñas do concello temos dereito. Ante a ausencia dun estudo socioeconómico riguroso e dun estudo de mercado basado nos valores inmobiliarios locais, cando así o require a lei; estase tamén a estudar a viabilidade da interposición dunha demanda penal ante a Fiscalía.

Agradecemos a todos os establecementos que nos están axudando a recoller as sinaturas necesarias para esta petición de Pleno aberto (Iniciativa Popular) e aos asinantes, xa que a día de hoxe temos máis de 850 asinaturas recabadas, e esto non sería posible sen todas as persoas e locais que se están a implicar.
Coa finalidade de que os veciños e veciñas de Sanxenxo estén informados de primeira man dos pasos que estamos a dar neste tema, organizaremos charlas informativas nas distintas parroquias do concello, pois non nos damos por vencidos ante a pasividade do goberno, os abusos de poder, o incumprimento da lei e dos dereitos de cada un/unha dos propietarios/as do concello.
Por outra banda, e dado que pensamos en organizar unha nova manifestación, pedimos unha maior implicación ás distintas organizacións políticas coa finalidade de facer máis forza todos xuntos. Pois últimamente non vemos máis que rotura tras rotura e iso non favorece ao pobo. Así pois estamos a levar a cabo unha primeira toma de contacto con cada unha das formacións para ver se están dispostos a colaborar, a deixar de lado as diferencias existentes entre os distintos grupos en favor da defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo.





Comentarios

Entradas populares