Seguridade Vial na Rúa Río (Portonovo) e Pleno aberto sobre o Catastrazo



Na Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo, recollemos as queixas de veciños e veciñas de Portonovo pola situación de inseguridade vial á que están expostos e expostas no tramo final da rúa Río, conectando coa estrada de A Lanzada, e trasladámola ao concello en forma de instancia, na que solicitamos unha xuntanza coa alcaldía na que tamén estarían presentes a concelleira de seguridade cidadá e o concelleiro de urbanismo, membros da asociación e unha repreentación das persoas afectadas para buscar unha solución viable. Esta rúa é frecuentadaa diario por rapaces e rapazas,nais , pais e educadores do Colexio Abrente, e o punto de maior perigo é a partires do cruceiro, onde se estreita, de forma que a circulación tanto de coches como de peóns se volve difícil, en gran parte debido tamén a que non dispón de beirarrúas nen arcén.

En canto ás actuacións a levar a cabo por esta asociación sobre o tema do “catastrazo”, decidíuse presentar unha denuncia dado que o concello se mostra reacio a facer cumprir tanto o artigo 74 da Lei Reguladora de Facendas Locais, respaldándose no cumprimento da Lei Orgánica 2/2012,de 7 de abril, de Estabilidade Presupuestaria e Sostenibilidade Financieira. Recordámoslle que esa mesma lei, no seu art. 12.5, prevé que se debe destinar íntegramente os ingresos obtidos por encima dos previstos no presuposto á reducción do nivel de deuda pública, e no seu art. 32, fala de destinar o superávit, pero nada dí de acribillar aos veciños e ás veciñas con impostos que incumpren a legalidade para non ter que reducir os gastos supérfluos e innecesarios do concello. Dicimos que é ilegal xa que non ten en conta o art. 31 da Constitución Española, e o art. 3 da Lei Xeral tributaria, nos que se dí que os tributos teñen que ser xustos, deben ter en conta a capacidade económica do contribuínte e a equidade. Ademáis, a pesar de que o art. 30.1 da Lei 13/2015 de Reforma da Lei Hipotecaria e da Lei do Catastro Inmobiliario permite ao Concello promover e iniciar un procedemento simplificado para adaptar o PXOM á realidade urbanística ante a Delegación Xeral de Catastro, éste non está disposto a facelo por non menguar os ingresos das arcas do concello a pesar de estar infrixindo claramente os dereitos dos contribuíntes; xa que a maioría dos sólos do concello son de uso agrario ou rural e no PXOM están catalogados como urbanos ou urbanizables a pesar de que non teñen os servicios necesarios para ser considerados como tales incumprindo, na maioría dos casos, as propias ordenanzas urbanísticas municipais polas que se deben rexir aqueles que queiran construir unha vivenda nos mesmos.
Consideramos que este goberno municipal ten moitas explicacións que dar aos veciños e veciñas deste concello nun pleno aberto, no que todos e todas poidamos participar; por iso, esta semana volvemos recoller firmas para presentar como Iniciativa Popular, xa que das anteriores nen sequera as copias se puideron presentar coa correspondente motivación á Valedora do Pobo Galego, ao ser “misteriosamente” extraviadas no concello.
A través da páxina de facebook e o blog da plataforma, iremos poñendo en coñecemento aos interesados e ás interesadas, dos lugares onde se pode firmar esta petición.

Comentarios

Entradas populares