Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do 23 de Xaneiro


ACTA DA ASOCIACIÓN PLATAFORMA VECIÑAL SANXENXO.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

SÁBADO, 23 DE XANEIRO DE 2.016.

Reunidos no auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán (Sanxenxo), ás 19,00h en primeira convocatoria, e ás 19,30h. en segunda, coa seguinte orde do día:

  • Elección do Órgano de representación da asociación. (Xunta Directiva)
  • Posta ao día das contas e aprobación das mesmas.
  • Novidades no tocante ao “catastrazo”.
  • Outros temas.
  • Colectivo convidado: Neen@s.
  • Rogos e preguntas.

Presiden a mesa de exposición:

Mª del carmen Camiña Vázquez (Presidenta)
Roberto Martínez Camiña (Secretario)
Elena Torres Aguín (Vogal de Sanxenxo)

Comeza a asemblea, en primeira convocatoria, ás 19:08 h.

A presidenta anuncia o inicio do plazo de inscripción das candidaturas á nova Xunta Directiva da asociación, explicando o proceso e os requisitos que deben ter os candidatos de cada candidatura, tal e como establecen os Estatutos e o Reglamento Interno da asociación, o cal está exposto na web da asociación.
O secretario pasa a anotar os nomes, apelidos e número de DNI daquelas persoas que queiran presentarse, e recorda de novo os requisitos e o procedemento.(art. 8 e seguintes dos Estatutos, art. 15 e seguintes do Reglamento Interno)

Ás 19,45h. dáse por concluído o prazo de inscripción de candidaturas e candidatos, habendo unha soa candidatura presentada, a cal procede a ler o secretario:

Presidenta: Mª del Carmen Camiña Vázquez
Secretario: Roberto Martínez Camiña
Vicepresidente: José Manuel Camiña Filgueira
Tesoreiro: Marcial Touriño Rey.

Vogais:
Flora Rea Quiñones.
Elena Torres Aguín.
Mª del Rosario Bea González
Consuelo López Fernández
Mª Ángeles Otero Bouzada
Mª José Rivas Otero
Beatriz Martínez García

En segunda convocatoria, o secretario proclama a única candidatura existente como Xunta Directiva durante o plazo de un ano, tal e como establecen os Estatutos.

Elena Torres, como anterior responsable da tesorería, e vogal de Sanxenxo, pasa a explicar a necesidade de ter unha conta bancaria debido á comodidade que supón para os/as socios/as á hora de ingresar as cotas, o risco que supón ter os cartos da asociación nun domicilio particular, e a existencia da mesma para poder acceder ás distintas subvencións ás que se poidan acoller a asociación.
Presenta dúas alternativas entre ás que elexir: banca tradicional ou banca ética, e explica con detalle cada unha delas.
Tamén se observa a posibilidade de baixar a cuota anual por socio á cuantía de 10 euros por ano. Preséntanse as contas e pasan a ser aprobadas sen obxeccións.
Informa sobre a súa dimisión como tesoreira en funcións por incompatibilidades co art. 8 do Reglamento Interno, e que se efectuou no mes de marzo; o tesoreiro en funcións pasou a ser o vogal de Vilalonga: Marcial Touriño Rey; e que se publicou na web (facebook e blogg) da asociación.

Os membros da mesa explican, axudándose de diapositivas, as novidades existentes en canto o tema do catastro:

  • Tanto o anterior goberno municipal como o actual, presentan unha actitude similar ante as nosas demandas: segue sen existir estudo socieconómico, non existen unhas valoracións reais dos bens inmobles do concello senon unha comparativa provincial, non se redactaron as bonificacións contempladas pola Lei Reguladora de Facendas Locais (art.74).
  • Dende o Valedor do Pobo, coa entrada da nova valedora, e tras pórse en contacto co anterior goberno municipal, desvía o foco de responsabilidades na Delegación Territorial do Catastro, e éste último no Concello. Mentras que o anterior asesor do Valedor, e o propio Valedor, admitiron a trámite a demanda por considerar competencia do concello a publicación do estudo de mercado, elaboración dun estudo socioeconómico e a redacción das bonificacións.
  • Ante a entrada en vigor da Lei 13/2015 de Reforma da Lei Hipotecaria e a lei do Catastro Inmobiliario, o pasado 1 de novembro de 2015, solicitamos ao concello que promovan a cataloguización dos solos rurais que están clasificados como urbanos sen poseer os servizos requeridos para ser urbanizados e que non cumpren as ordenanzas urbanísticas municipais que os regulan.
  • Faise constar a non asistencia de David Otero, concelleiro de facenda do actual órgano de goberno do concello de Sanxenxo en ningunha das dúas reunións que solicitamos; e co que nos reunimos uns días despois nunha cafetería e cuxa conversa non quería que se fixera pública.
  • A conclusión que deriva destas conversas foi que o novo órgano de goberno municipal non contempla a redacción dunha nova ponencia de Valores nin unha regularización de forma parcial da mesma, nen a redacción das bonificacións contempladas por lei por non ver comprometidas as arcas do concello, a non ser que se vexan obrigados por un ente superior.
  • A avogada que colabora coa asociación, informounos da existencia dunha bonificación que se está a aplicar referente ao IBI e que o concello non publicitou: a referente ás Familias Numerosas. Ponse a disposición dos asociados o impreso de solicitude. Poden enviar un mail ao plataformavecinalsanxenxo@gmail.com solicitándo e enviaráselles aos que o necesiten.

Exposto esto, procédese a relatar unha serie de novas liñas de acción:

  • Solicitude mediante instancia, unha copia compulsada das 1,172 bonificacións presentadas no concello coa anterior rexidora.
  • Establcer unha nova comunicación, notificada e en colaboración dunha avogada, á Valedora do Pobo Galego, ou asesor/a para volver expoñer o tema debido ás novidades lexislativas que existen.
  • Presentación dun documento formal, firmado por un bufete de avogados que implicaría un coste de entre 50 e 100 euros para a asociación, coa finalidade de presentala ante o concello e outras administracións.
  • Nova recollida de firmas solicitando a revisión do plano catastral, e a aplicación das bonificacións.
  • Movilizacións.

Na sección de Outros temas, facemos mención á recollida de sinaturas, xunto coa FANPA O CON, para solicitar unha ambulancia medicalizada e un pediatra de urxencias para o PAC de Baltar; xa que a día de hoxe só temos o servizo da medicalizada durante o verán, e o resto do ano, en caso de urxencia, o centro queda sen médico; en canto ao pediatra dicir que o servizo de urxencias con pediatra máis cercano está en Pontevedra (Hospital Provincial). A zona afectada non se limita ao concello de Sanxenxo, senon que se extende tamén aos concellos de O Grove, Cambados, Meaño, Ribadumia e Poio.

Dáse paso ao colectivo convidado: Neen@s, que é un colectivo constante i eficiente que ten por finalidades achegar aos nenos e nenas con necesidades especiais, nais, pais e axentes educativos en xeral, actividades, información, apoio psicopedagóxico e sensibilización á hora de ofrecer un entorno socioeducativo e cultural integrador e xusto.

No espacio de Rogos e Preguntas aténdese a unha reclamación por parte dun dos socios de que cada socio teña na súa posesión unha copia dos Estatutos e Reglamento Interno da asociación, a cal está publicada na web, que se leu nas primeiras asembleas, ás que este socio acudíu, e que está a disposición de quen queira consultar durante toda a asemblea, xa que é un gasto que se considera supérfluo e que vai en contra da conservación do medio ambiente por ser un gasto de recursos naturais (papel) sen unha finalidade útil e necesaria.


Procédese a levar a cabo as votacións, só socios, das distintas actuacións que se pretenden levar a cabo e cos seguintes resultados:

  • Votación de apertura dunha conta bancaria:
    • Banco tradicional: 18 a favor
    • Banca ética: 3 a favor
    • Abstencións: 4

  • Votación de petición de subvencións:
    • A favor: 20
    • En contra: 0
    • Abstencións: 5

  • Votación de baixada de cuota a 10 €/ano e socio:
    • A favor: 20
    • En contra: 0
    • Abstencións: 5
  • Votación de realización de distintas movilizacións, incluídas manifestacións:
    • A favor: 24
    • En contra: 1
    • Abstencións: 0
  • Votación de facer un escrito formal por un bufete de avogados para presentar no concello e distintas administracións sobre o catastro:
    • A favor: 19
    • En contra: 0
    • Abstencións: 6

Dáse por concluída a sesión ás 21,30h. coa recollida de firmas para as distintas accións que se están a levar a cabo así como novas altas de asociados.


Asinado,




A presidenta : 
 O secretario :


María del Carmen Camiña Vázquez
 Roberto Martínez Camiña






Comentarios

Entradas populares