Traballando pola rexeneración dunar da zona afectada por Red Natura da Lanzada.



O sábado, 16 de setembro a asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo, convocamos en Noalla (A Lanzada) a representantes de EQUO (Néstor Vázquez), Somos Sanxenxo (Sergio Poza e Adolfo Jabois), PSOE (Juan José Portela), En Marea e Podemos (Juan Merlo, Maica Jabois e Mar Moreira), asociacións e veciños da zona, coa finalidade de estudar e analizar as irregularidades no cumprimento do proxecto de construcción da obra  “Fomento da Mobilidade Sostible: Itinerario Peonil e Ciclista para a MSV na PO -308 (PQ 25+200 Ao 27+970)” (1ª Fase de execución) realizada pola Xunta de Galicia con fondos europeos.  Pois a pesar que na mesma reza a existencia dun vial para ciclistas,  éste non se materializou nesta fase.

Nesta reunión, todos os asistentes nos comprometemos a traballar unidos en favor de levar a cabo, varias iniciativas e accións coa finalidade de coñecer o motivo polo cal as obras realizadas non concordan coas licitadas no proxecto, solicitar responsabilidades, unha maior seguridade vial, tanto para conductores como para ciclistas e peóns ao longo da PO-308, así como á posibilidade de levar a cabo a rexeneración dunar da zona afectada por Red Natura.

Dado que ese mesmo sábado, houbo que lamentar dous accidentes de ciclistas na PO-308, e todas as semanas hai algún caso, gustaríanos saber se lles interesaría formar parte deste grupo, para o cal abrimos en Facebook un grupo de participación e achegamento de documentación, información, etc, para comezar a dar os primeiros pasos cara que as obras de mellora se fagan o antes posible e con todas as garantías en seguridade vial tan necesarias. De cada partido e asociación integramos, de momento un só membro para dar maior operatividade. Cremos que a súa participación é fundamental xa que nos poden aportar unha visión máis obxectiva como afectados de primeira man.
Grazas.



Comentarios

Entradas populares