Concentración 29 de outubro 2016
Onte presenciamos un pleno penoso… Un circo…, só
faltaban as palomitas e moito sentido de humor e temple para poder soportar
semellante espetáculo.
Vergoña
allea é o que sentimos ao ver
usar por parte de David Otero as mesmas ameazas e desculpas que o seu
antecesor: Marcos Guisasola.
Un plan de axuste
consta dunha parte de gastos e outra de ingresos, e no que se basa é en que ten
que existir un equilibrio presupuestario para poder cumprir o pago da débeda e
posibles sancións. Unha reducción de ingresos vía impostos ao aplicar
bonificacións que garantan uns tributos xustos e equitativos, se pode compensar
perfectamente coa disminución das partidas de gastos. Pero estos gastos a
reducir non teñen por qué ser os destinados a servizos sociais

Surrealista, ver aos distintos concellerios pelexando para
colgarse unha medalla, e mentras tanto, saltándose as leis e a xustiza social.
Insultante! David Otero. volvendo faltar á súa
propia palabra cando prometera un estudo riguroso para tentar aplicar as
bonificacións e nos encontramos que non fixeron nada…
Estamos moi cansos de oir sempre as mesmas mentiras e
media verdades,
de que se enzarcen en pelexas sin sentido nas que se repase o pasado político
de cada un dos participantes… O pasado
xa o coñecemos, que solucións aportan cara un futuro? Como poden ter a cara de
“ameazar” con deixarnos sen servizos sociais?

Sen estudo non hai un
control de valores, posto que os valores catastrais que se fixan en ningún caso
poden exceder do valor de mercado. E non será por falta de inmobiliarias no
concello…
O
informe de valores, sostén
a súa nulidade de pleno dereito ao
non ser feito de acorde ao procedemento establecido, resultando uns valores carentes de toda motivación válida; e
isto de acordo cos seguintes argumentos:
1. O procedemento de aprobación do informe de valores é plenamente ficticio, pois ó
formularse non se teñen en conta os estudos de mercado inmobiliarios e a
normativa urbanística do Concello de Sanxenxo, tal como esixen as Normas
Técnicas de Valoración e o Cadro Marco de Valores do Solo e das Construcións. Esto fai
que exista un desmesurado incremento dos valores catastrais; que se faga unha
incorrecta determinación do solo, cualificando de natureza urbana inmobles que
son rústicos; así como a inexistencia do previo informe da Xunta Técnica
Territorial de Coordinación Inmobiliaria e Urbana
2. A articulación xurídica do procedemento de
realización do informe de valores
infrinxe o principio de reserva de Lei.

1- Que se realice unha
revisión de oficio do informe de valores xa que este non recoñece a realidade
urbanística, existindo unhas diferenzas sustanciais entre os valores catastrais
e os valores de mercado actuais totalmente fóra da realidade.
2- A
inclusión nas Ordenanzas Municipais do Concello de Sanxenxo das bonificacións
do imposto de bens inmobles contempladas na Lei Reguladora das Facendas Locais,
como existen nos demáis concellos, como así o dispón a Lei Reguladora das
Facendas Locais no seu artigo 74 para que poidan ser aplicadas ós veciños que
cumpran os requisitos esixibles e poidan beneficiarse delas, o que suporía a
aplicación do imposto de bens inmobles dunha maneira máis xusta.
O traballo de facer que den as contas non é dos veciños e
veciñas do concello senon dos que foron elexidos polos mesmos para que leven a
cabo a xestión do concello e non para que nos ameacen, por outra banda, tamén
son os reponsables de velar porque se cumpran as leis. Seguiremos solicitando o
que nos corresponde: uns impostos xustos e acorde ás leis, pois agora o único
que temos é opresión fiscal e inxustiza social.
Sres. e Sras.concelleiras, sexan serios e fagan o seu traballo!
Só nos queda dar as grazas a
todos por vir e vémonos o próximo venres, 4 de novembro, á mesma hora para
rodear o concello!!!
Comentarios
Publicar un comentario