Solicitude de recollida de restrollos en época estival


Como todas as persoas que vivimos no rural estamos sabedoras, na época estival (verán), queda terminante prohibida a queima dos restos agrícolas, de podas e cortes de herba dos xardíns; polo que aquelas persoas que non teñen un hoco na súa leira para amorear estos restos ata a época de queima, optan por desfacerse deles chimpámdoos nos colectores do lixo, ben en sacos ou así tal cual. Esta acción produce dous problemas: o primeiro, que non queda sitio para o lixo normal e para o que están destinados realmente estos colectores; e segundo, que xenera un extra de lixo polo que o concello ten que pagar a máis, o que pode xerar unha subida nas tasas do servizo.

Despois de recoller unha queixa veciñal, e conscientes de que en todas as parroquias ten lugar este problema, decidimos presentar a solicitude correspondente, instando ao concello a buscar unha solución como podería ser habilitar unha zona para o depósito dos mesmos en cada parroquia ou ben un colector de compostaxe temporeiro extra:
Ante calquer anomalía ou problemática veciñal, non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Un saúdo.

Comentarios

Entradas populares