Xuntanza con Chelo Martínez, deputada do Parlamento Galego
Onte, venres, 11 de marzo, reunímonos na Casa Forestal "As Canteiras" de Noalla, varios membros da directiva da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo (APVS) coa deputada do Parlamento Galego Consuelo Martínez, con Ramón Mouriño, representante de Cerna na comarca do Salnés, e varios membros de Somos Sanxenxo, para expoñer o tema do catastrazo en Sanxenxo.
Tras revisar a nova ponencia, e as actuacións levadas a cabo pola asociación, Chelo Martínez comprometeuse a levar a pleno do Parlamento Galego unha pregunta coa finalidade de que a Xunta de Galicia se informe das irregularidades que presenta a nova ponencia de valores, xa que non posee un estudo do mercado inmobiliario, e polo tanto colleron uns valores referidos ao ano 2008, moi por encima dos que existían no momento de redactar a ponencia; e así mesmo, tampouco se realizou un estudo socioeconómico que reflexen as diferenzas na renta dos veciños, o que faría urxente a redacción dunha ordenanza municipal que incluira as bonificacións establecidas por lei.
Todos os reunidos no día de onte manterémonos en contacto coa finalidade de levar a cabo, en conxunto, as medidas que se consideren adecuadas para o bo termo destas.
Tanto Chelo Martínez como Ramón Mouriño nos animaron a seguir adiante e instáronnos a unirnos con outras asociacións existentes noutros concellos que presentan a mesma problemática.

Comentarios
Publicar un comentario