2ª Xuntanza co novo goberno municipal
O pasado luns, 9 de novembro, e despois de 40 días de espera, a directiva da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo reuniuse co actual alcalde o Sr. Gonzalo Pita e o Concelleiro de Urbanismo, o Sr. Daniel Fernández.
O obxetivo da xuntanza foi retomar os temas que se puxeron sobre a mesa o pasado mes de xullo, entre os que estaban os compromisos de redactar as bonificacións, e que xa foran solicitadas ao anterior goberno; coñecer as actuacións do concello con respecto á nova reforma da Lei Hipotecaria e a Lei do Catastro Inmobiliario (BOE num, 151 de 25 de Xuño de 2,015), xa que esta lle outorga unha maior autonomía aos concellos á hora de aportar información á delegación provincial da realidade catastral d@s veciñ@s; e indagar na postura do goberno actual sobre a posibilidade contemplada polo Valedor do Pobo de botar abaixo a ponencia de valores tendo en conta as ilegalidades que presenta a mesma: non existíu estudo de mercado real, nin un estudo socioeconómico, existen múltiples deficicencias técnicas de valoración, falta de publicidade suficiente e necesaria @s veciñ@s, etc.
Unha última petición foi a de que puxeran á disposición dos veciñ@s un par de funcionarios coa finalidade de asesorar a todas aquelas persoas que necesiten información, pois, por exemplo, poucas persoas coñecen a nova de que os terreos ubicados nos SU-12 e 13 non teñen obriga de pagar o imposto do IBI, pois volveron á súa antiga e real natureza de sólo rústico. A contestación do concello foi un rotundo "imposible por escaseza de recursos humanos". Dada esta negativa, os membros da plataforma veciñal seguiremos dando esta cobertura de información e orientación a pesar de ser competencia do concello.
Debido a cuestións de axenda, a presencia de David Otero a esta xuntanza tívose que emprazar ata o mércores,11 nun encontro que transcurríu cordialmente, amosando unha actitude colaboradora en relación á posibilidade de redactar as bonificacións que quedaron pendentes de aplicar e á espera dunha posta en contacto co valedor do pobo á hora de considerar tomar algunhas das medidas requeridas por esta plataforma sobre a ilegalidade da ponencia de valores.

Comentarios
Publicar un comentario