ACTA XUNTANZA COA ALCALDÍA 12 FEBREIRO 2015


Ás 11:00 da mañá do xoves 12 de Febreiro da comezo a xuntanza coa alcaldesa despois de dous meses de espera dende a primeira toma de contacto polos problemas que plantea a actual ponencia de valores do catastro.
Reunidos por unha banda, Catalina González Bea e o concellal de economía Marcos Guisasola, e pola outra 5 membros da APVS (Presidenta, Secretario e Vogais de Adina, Dorrón e Sanxenxo).
Sobre o primeiro punto do día , sobre a elaboración dun regulamento das bonificacións permitidas pola Lei Reguladora das Facendas Locais (art.º 74) , nos comentan que non teñen nada traballado ó respecto, nin tampouco teñen prevista unha data de publicación . Somentes se nos comenta por parte da Alcaldía , que a o contido do reglamento será conforme á lei vixente , e que o comezo da redacción deste reglamento podería empezar en Maio deste ano. Advirtesenos ós presentes que o Concello está obligado a elaborar un informe xurídico sobre o impacto na recaudación municipal que tendría o citado reglamento. Os presentes manifestamoslles a alcaldía a nosa disconformidade sobre vincular os dereitos dos veciños ás dificultades económicas municipales, das que os veciños non somos responsables.
Respecto ó principio legal de capacidade económica, ignórase o carácter anticonstitucional no plantexamento deste tipo de medidas tributarias cando existen leis (Lei Xeral Tributaria, artigos 2 e 3; artigo 31 da Constitución Española, e Lei de Facendas Locais, artigo74 ) que amparan a familias en situación de risco á hora de facer fronte ó abusivo aumento da cuota do IBI. A alcaldía obvia outras alternativas e limítase a expoñer a imposibilidade de eximilas do pagamento, ate que esas bonificacións se apliquen unha vez redactadas.
O problema é que pese a que a lei as posibilita, non se procedeu polo momento a ofrecer estas facilidades ós veciños e veciñas, para os que se traballa dende o goberno municipal. Mentres tanto, lembra a posibilidade de que as persoas afectadas por esta situación acudan a Servicios .Sociais. a que se lle tramite a axuda de emerxencia social.
Entendemos esta postura como un desinterés e desentendemento absoluto sobre o problema
Como resume a este punto , nos queda claro ós presentes nesta reunión , que , para a alcaldía ,a publicación de axudas e bonificacións para o pago do IBI non lles resulta urxente nin importante. O cal se lles manifesta na xuntanza.
Sobre o segundo punto do día :
A entrega dos datos de traballo nos que se basearon o calculos dos valores de tasación das propiedades.
A Alcaldesa fainos entrega dunha copia da ponencia de valores , acompañada de un resumen do estudio de mercado e un catalogo con fotografías – exemplo de tipoloxías constructivas.
Hai que destacar que NON SE NOS ENTREGA o estudio de mercado , senón un resume no que non se explica nin os procedementos nin os criterios de calculo , nin , o que é mais importante , o procedemento que xustifica que en Sanxenxo se asignen os Módulos de repercusión MBR3 =800 € m2 e MBC2= 650 €/m2 . Consultados os membros presentes da alcaldia de porqué se asignan en Sanxenxo os valores de repercusión máis altos de España , manifestan descoñecer o motivo e non nos remiten a ningún técnico ou organismo que nos poida aclarar esta dúbida.
Como dato curioso, no catálogo de tipoloxías constructivas que se nos entrega , Sanxenxo e o único concello , xunto con Vilagarcía que se lle asignou o módulo MBC2 (dos máis altos) . Tódalas demáis fichas exemplo están tasadas con valores máis baixos.
A pesar de todo o comentado , os representantes da alcaldía manifestaron que fixeron un esforzo dende o goberno municipal, unha modificación do nivel de repercusión de cada zona, e distincións entre os cascos vellos das parroquias en base a prestacións, ubicación, acceso… etc. o mesmo tempo que comenta o seu traballo infructuoso para que Costas recoñeza a realidade galega, usos do solo e tradición socioeconómica.
A opinión dos presentes da Plataforma Veciñal de Sanxenxo sobre esto último e que todos estes esforzos non produciron resultados, aplicáronse tarde e de maneira imprudente.
Os membros da Plataforma Veciñal Sanxenxo volvemos a requerirlle a Alcaldía que nos axude con medios técnicos a resolver as incidencias e reclamacións dos veciños afectados , xa que é un traballo que lle corresponde á administración e estámolo levando a cabo desinteresadamente membros da plataforma.
A Alcaldesa non propón ningún equipo nin técnico municipal e vólvenos a remitir a consultar có arquitecto municipal . Respondémoslle que esa posibilidade xa a temos , como a ten calquera veciño , pero que non nos resulta suficiente.
A Alcaldesa comprometese a enviarnos unha plantilla de reclamación que nos resulte util.
Tamén lle pedimos a alcaldía que non se cobren taxas por servicios municipais para asuntos sobre o Catastro , debido a que nos consta que varios veciños xa abonaron tasas de entre 37€ e 60€ . A Alcaldesa néganos que se estén cobrando estas tasas e preguntanos se non as confundimos coas tasas que cobra a Policia Local por Atestados de Tráfico. Respondémoslle que os casos que coñecemos refírense a taxas por informes sobre Catastro.
Concluimos co compromiso da Alcaldía de non cobrar taxas por informes urbanisticos deste tipo.
Comunicamoslle ós representantes da alcaldía os erros detectado na documentación catastral que lles chegou a diversos veciños , entre os que están :
  • Índices correctores que non se aplican.
  • Erros de tipoloxia constructiva (Exemplo galpóns catalogados coma garaxes etc).
  • Erros na antiguedade das construccións.
  • Erros de categoría constructiva (valoracións polo alto).
  • Parcelas en solo sin desenrolar nin servicios, consideradas como parcelas urbanas. De feito a lei de solos (art. 12.2,c) determina que mentres o solo non esté desenvolto, non se lle pode aplicar cuota de urbano, e cítase o exemplo dunha sentencia a favor no Tribunal Superior de Xusticia de Extremadura que senta xurisprudencia. A Alcaldia oponse a esta consideración.
  • Outros defectos de casuística (non compre mencionalos todos)
En definitiva e respecto a este punto do dia , o máis importante é que os representantes municipais nin nos informan , nin parecen coñecer o motivo e o procedemento polo cal se nos asignou en Sanxenxo os módulos de tasación MBR3 =800 € m2 e MBC2= 650 €/m2 . que son o motivo do encarecemento dos impostos que nos afectan a todos e forman o aspecto mais grave do problema. A parte desto , observamos o desinterés e falta de atención da corporación municipal sobre o motivo desta imposición e a o deinterés en facer un esforzo útil para a corrección dos errores que lles manifestamos e que afectan a todos os propietarios e residentes.
Finaliza a Xuntanza ás 12:30 da mañá.



Comentarios

Entradas populares